Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O novo Xalleiros completa a Liga Infantil

O novo Xalleiros completa a Liga Infantil
Futbol da Costa Infanti 1819 Xa tendes o calendario da Liga Infantil en www.futboldacosta.com Despois da interesantísima reunión sobre o Fútbol 8 costeiro, toca facer outra ollada ao fútbol base. Desta volta traemos, por fin, o calendario da 1ª Infantil, grupo 2º, o da Costa. Houbo que facer encaixe de bolillos e houbo que crear un novo club para que non quedase un só neno na bisbarra sen xogar. Dábase a circunstancia de que o Xallas traía máis de 25 nenos das categorías de F8, e como a partir de infantís non pode haber dous equipos do mesmo club na mesma categoría, a familia verde tivo que crear un novo club: Xalleiros C.F. Agora xa están preparados os 17 equipos para comezar o vindeiro 29 de setembro, cun calendario ben apretado ata o 5 de maio de 2019. A gran novidade deste ano é que por fin serán dous (non 1 como os anos pasados) os equipos costeiros que participen na Fase de Ascenso. O primeiro mediráse nunha previa ao campión da Coruña, de vencer xogarían unha final única, e de non pasar entrarían na segunda fase. O 2º terá tamén unha previa co 4º da Coruña para poder entrar na longa fase de ascenso.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-futbol-8-costeiro-tenta-reinventarse/

Comentarios