Domingo. 23.01.2022
El tiempo

Novos calendarios, unha reunión e unha nova cita da Selección da Costa

Novos calendarios, unha reunión e unha nova cita da Selección da Costa

Varias novidades sobre o fútbol da Costa durante estes días. Se mañá coñeceremos a postura do Corme CF tralo seu intento de modificar a norma dos ascensos para abrir a man aos equipos de Bergantiños á zona de sempre, á da Coruña, hoxe traemos varios apuntamentos.

Calendarios en marcha

O primeiro, os novos calendarios que van saíndo do forno da Federación e que en breves iremos incluíndo en www.futboldacosta.com. Así, xa temos o Calendario da Preferente 2012-2013. Unha Preferente que comeza o 26 de agosto, na que competirán o novo Xallas de Santa Comba (empeza a liga ante o Páramo en casa), o Soneira (que empeza en Chantada) e o Dumbría (que fará o propio en Ribadeo).

Tamén está listo o calendario da Liga Galega Cadete, na que competirá o Bergantiños e mais o Dumbría. Na primeira xornada (15 de setembro), o Dumbría recibe ao Xuventude Oroso e o Bergantiños visita o campo do Conxo B.

Tamén está listo (tampouco o subiu aínda a Fed.) calendario da Liga Galega Infantil, onde tamén competirán Dumbría e Bergantiños. Os dumbrieses, debutantes tamén en infantís, empezan tamén ante o Xuventude de Oroso, e intentarán ter calendarios parellos cos cadetes para aforrar custes.

Reunión ca Federacion

E aínda faltan calendarios por decidir. Para iso, o vindeiro mércores 1 de agosto, no auditorio do Pavillón de Baio, as 20:00 horas, reunión da Federación cos Clubes da Costa para configurar os calendarios da temporada 2012-13.

Os clubes que asistan poderán formular peticións parta os calendarios de 2ª e 3ª Autonómica, Xuvenil, Caderte e Infantil. De non acodir, poden facer aportacións ata ás 14:00h do propio mércores.

Novo choque da Selección da Costa

E aquí vos deixamos coa Convocatoria de xogadores para o partido "Selección da Costa-RCD Deportivo “B”, no marco do XXIX Trofeo Manolo Martín. Un choque que se celebrará o día 5 de agosto de 2012 no campo de San Paio de Refoxos, en Cee, as 18:00 horas:

Porteiros:

  • Ángel Luís (Muxía).
  • Miguel Anxo (Lira).

Defensas:

  • Brais (Porteño).
  • Pandi (Corme).
  • Alex (Club do Mar).
  • Iván Rey (Sofán).
  • Maikel Vilela (Soneira).
  • Chema (Montelouro).
  • Chúa (Outes).
  • Aarón (Dumbría).
  • Simón (Esteirana).

Medios:

  • Barreiro (Camelle).
  • Moriño (Camariñas).
  • Pío (Alcaián).
  • Carlos (San Lorenzo).
  • Brais (Mazaricos).
  • Nico (Fisterra).
  • Mayor (Soneira).

Dianteiros:

  • Alberto Recarey (Ponteceso).
  • Alexandre (Xallas).
  • Kike (Soneira).
  • Javi Suárez (Baio).
  • Toni (Dumbría B).

Novas relacionadas

Fonte

comentarios