Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novos tempos en Cee

Novos tempos en Cee
É época de cambios e ilusións renovadas por Cee. O histórico club está a pasar uns anos nos que xa non é protagonista como antaño, e a pesar de ter realizado un bo traballo no fútbol base, todavía non se ven froitos maduros no equipo senior. Ven de entrar este ano unha nova directiva, con modos de facer novos e frescos, pero a cousa está tardando en arrancar. O equipo navega nos postos baixos da clasificación con so 7 puntos. O adestrador que iniciou a tempada, Pato, xa non está, e para sustituilo contratouse a Ángel Insua, mais coñecido por Rosquilleiro. O adestrador, de 40 anos de idade e que o ano pasado dirixiu ó Camariñas, cóntanos isto dos seus primeiros días en Cee: QPC - Como estás a levar a primeira semana en Cee? Nestos primeiros días levei unha grata sorpresa, sobre todo pola atención que me están prestando tanto dende a directiva como por parte dos xogadores. Cando deixei o Camariñas, no veran, non tiña pensado entrenar este ano, a non ser que recibise unha chamada de algún club interesante e o Cee paréceme máis que interesante. QPC - Por que elixes o proxecto ceense? Elixín este proxecto porque me parece un dos clubs máis importantes da Costa e paréceme todo un reto poder axudalos a volver a pelexar por estar arriba. QPC - Que tal organización estructural ves no club? Non podo opinar moito porque levo unha semana, aínda que me parece moi importante que ex xogadores se involucren nas directivas e o papel de Dani Freire como Director Deportivo paréceme moi ben pois coñece ben o club e as súas costumres. O Presi está moi pendiente de min para o que necesite e José o veterano encargado do campo, de material, roupa, etc...tamén. Espero axudalos en todo o que poda. Hai que pensar que fixeron todo en moi pouco tempo e merecen un gran respeto. QPC - Que tipo de plantel te atopaches? O plantel, a falta de recuperar lesionados, paréceme moi compensada mezclando veteranía e xuventude, esta última gústame especialmente e hai varios xovenes con moito futuro. Leo está a ser o sostén goleador do U.C.Cee QPC - Que tal esa mezcla de veteranía e xuventude? Paréceche adecuada? Esta claro que sí, poder contar con Leo, Juan Vello, Jorge, Nico, Penedo, Carlos Leis ou a volta de Parroto e a fichaxe de de Guardiola fanme pensar que este equipo ten potencial para estar arriba....e a sorpresa que levei de chavales como Martín, Charlie, Gaiolo, Carliños, Borja, Patera, Ness...a falta de coñecer os lesionados é bastante grata. QPC - Como están a respostar os veterános? É incríble a ilusión que teñen por traballar para sacar esto adiante, alguns deses veteranos coñezos de fai anos, foron rivaiss cando xogaba e algún compañeiro tamen....Espero estar a súa altura pois parecenme uns cracks. QPC - Cal é o teu obxectivo como adestrador? De momento o meu obxectivo é competir todos os partidos, pelexar os 90 minutos e ante todo ser unidos e facer piña. Penso que conseguindo eso todo o demais virá so. QPC - O teu proxecto é a medio prazo ou pensas no día a día? Debes pensar un pouco en todo, debes competir para ganar, debes dar minutos a xoves para o futuro, debes sacar puntos, pois para un entrenador e fundamental, etc....polo que para non repetir o de Simeone de partido a partido vamos indo semana a semana corrixindo cousiñas que fagamos mal e reforzando as que fagamos ben. QPC - Cal queres que sexa o modelo de xogo do teu Cee? Con "equilibrio", penso que nun campo de fútbol debes dominar os tempos todos.....saber defender, atacar, contraatacar.....xogar directo, combinado, etc.... canto máis ferramentas teñamos para os partidos mellor. QPC - Como ves a liga, quen son os favoritos para ti? Polo que levamos de Liga parece que o Mazaricos e Ponteceso están moi ben, polo demais vexo as cousas moi igualadas.

Comentarios