'Nunca dejen de creer'
14:11 12/06/17
Simeone sentiríase orgulloso deste San Lorenzo que caeu dúas veces, erguese e deulle unha patada nos xenitais á mala sorte: unha década despois, e tras dous anos levando portazos na faciana cando parecía feito, o San Lorenzo de Verdillo acadou o ascenso a Primeira Galegavitorias
Ledicia nas filas verdillesas
As Pedreiras - Praíña (4-1)
Campo: As Pedreiras San Lorenzo: Javi Souto, Juanjo, Pablo Díaz, Rudi, Adrián Varela, Álex Taibo, Mario, Diego Varela (Anxo m.86), Juni, Fuentefría (Samuel m.70) e Kevin (Javi Puñal m.77) Praíña: Breixo, Pibe, Iban Seoane, Álex López, Diego Salgueiro, Lucas Vázquez, Andrés Solla (Fer m.84), Tito (Jonatan m.55), Pegaso (Aarón m.82), Adrián Castro e Touceda (Manu Gesto m.84) Árbitro: Méndez López (A Coruña). Amonestou a Rudi, Kevin e Juni do San Lorenzo; Fer e Adrián Castro do Praíña Goles: 1-0 m.39 Juni; 2-0 m.44 Mario; 2-1 m.59 Pibe; 3-1 m.85 Juni; 4-1 m.90 Juni Houbo rúa pola localidade Podería darlle leccións e unha palmadiña nas costas para seguir tentando o imposible o San Lorenzo de Verdillo a Diego Pablo Simeone. Porque se ben foi o arxentino o que acuñou ese motivacional "nunca dejen de creer", ao punto final desa parábola teñen chegado os carballeses máis que os atléticos. Perder dúas finais de Champions é duro, e aínda non tivo a vinganza soñada. Por terras carballesas, e no seu debido contexto, o mazazo era xa unha sorte de oso na gorxa que levaba dous anos cruzado, dúas tempadas nas que na Primeira volta tiña dado unha sensación de absoluta superioridade, para despois quedar sen premio a partires da costa de Xaneiro. Rematou onte ese supliciu, esa especie de coitus interruptus desde 2015 ata verán de 2017, co triunfo sobre o Praíña, a salvación indirecta do Coristanco e o retorno a unha categoría onde co último ascenso chegara unha pervivencia dun lustro. A forma ten sido inversamente proporcional á das últimas tentativas, con dúbidas ata Nadal e uns últimos seis meses case perfectos, cunha igualada e unha derrota na competición caseira, así como unha fase in crescendo. O éxito ten chegado cun mito da dianteira verdillesa no banco, Óscar Suárez, así como cunha base de futbolistas da casa que confirman a superpoboación de talento na comarca bergantiñán.Adiántase o @SD_SanLorenzo (1-0, Juni). pic.twitter.com/4i2o24Uscj
— Carballo Deporte (@CarballoDeporte) 11 xuño 2017
O reto era claro, pero non sinxelo: vencer na casa ao Praíña. Máis de medio centenar de seareiros deixaron as Pedreiras con aroma a fútbol costeiro pretérito, e tamén agarrotaron quizais en exceso aos xogadores de dous equipos que entraron con demasiado respecto ao terreo de xogo. Fuentefría e Kevin tiveron as primeiras dun cadro verdillés con personalidade, pero tamén houbo réplica dos santiagueses, que mereodearon a sorpresa con dous remates desviados. Foi a piques de chegar o intermedio cando a realidade do ascenso entrou pola porta grande da parroquia carballesa. Primeiro, nun córner rematado por Fuentefría e remachado por Juni, heroe da tarde. Pouco despois, e case para dar o golpe definitivo, un Mario que desta vez non necesitou dunha pelota parada para sacar o guante e, desde fóra do área, facer o segundo. Non podía ser tan cruel o destino nesta ocasión, e a pesares de que Pibe espertou a pantasmas espontáneamente co 2-1, o San Lorenzo aprendera de ocasións anteriores, foi quen de enfriar a cabeza e matar ao seu desesperado rival a base de contras. Exactamente en dúas máis que lle serviron a Juni para asinar un hat trick que resume á perfección o que ten sido a súa tempada no contexto xeral dun equipo para a historia… e tamén para contar en libros motivacionais. O guión da festa foi o habitual, con champagne durante case dúas horas no campo, parada técnica no Bar San Lorenzo e unha rúa en tractor pola parroquia e os diferentes locais hosteleiros da zona. A 'recta final' desa rúa rematou un Carballo, con música de perreo e pocións líquidas indispensables ata altas horas en calquera celebración que se precie.Mario aumenta a vantaxe para o @SD_SanLorenzo (2-0). Descanso. pic.twitter.com/rMTo4rY3yJ
— Carballo Deporte (@CarballoDeporte) 11 xuño 2017
Tomen nota destes nomesFinal (4-1). O @SD_SanLorenzo acada o ascenso. Parabéns!! pic.twitter.com/oYlHuyJaxl
— Carballo Deporte (@CarballoDeporte) 11 xuño 2017