Martes. 15.10.2024
El tiempo

O AD Fogar, campión por terceiro ano da Liga Galega Máster

O AD Fogar, campión por terceiro ano da Liga Galega Máster
Membros do concello de Carballo recibiron onte a nadadores e nadadoras do AD Fogar Membros do concello de Carballo recibiron onte a nadadores e nadadoras do AD Fogar Un ano máis, e xa van tres de xeito consecutivo, os nadadores e nadadoras do AD Fogar Máster de Natación recibiron o trofeo de Campións da Liga Galega Máster dento do campionato galego Máster de Verano que se celebro a pasada fin de semana (4 e 5 de xuño) en Ponteareas. No día de onte, o alcalde de Carballo - Evencio Ferrero - e o concelleiro de Deporte - Marcos Trigo - recibiron a represantes do clube e do equipo. Ata alí desprazáronse 15 membros do clube carballés. A proba pechaba ademais o calendario rexional da categoría para a presente tempada 2015-2016. No transcurso do torneo, os de Carballo fixerónse cun botín de 29 medallas, 9 récrods galegos e finalizaron como 5º da clasificación feminina, 9º da masculina e 7º da conxunta por equipos. O AD Fogar acadou ademais 29 medallas no campionato galego Master de Verano O AD Fogar acadou ademais 29 medallas no campionato galego Master de Verano En canto aos 29 metais; doce foron de ouro, dez de prata e sete de bronce. Mentras que as mellores marcas galegas batéronas Elisa Pichel (maiores de 30 anos) en 100 estilo mariposa, 100 e 200 braza e 400 estilos; a veterana Clarisa Alonso (maiores de 70anos) en 50 braza e 100 espalda; María Sancho (mariores de 30 anos) en 100 espalda; Juan Pérez (maiores de 35 de anos) tamén en 100 espalda e o relevo 4x50 estilos mixtos que formaron para a ocasión Javier Fernández, Elisa Pichel, Juan Pérez e María Sancho.   Fonte

Comentarios