venres. 02.05.2025
El tiempo

O AD Zas comeza con mal pé o ano

O AD Zas comeza con mal pé o ano
tenis-de-mesa-zas O AD Zas Ponciano Nieto, que xoga en 2ª división nacional, está formado por Gonzalo Martínez, Miguel Rey e Brais Blanco (esquerda) O AD Zas Tenis de Mesa retomou a pasada fin de semana a actividade despois das vacacións de Nadal. Analizando os resultados, o descanso semella que non lle sentou ben aos xogadores. 2ª división nacional
  • CTM Milagrosa Husqvarna – AD Zas Ponciano Nieto: 6 - 0
Na categoría de 2ª Nacional (onde disputan Gonzalo Martínez, Miguel Rey e Brais Blanco) nada puideron facer os de Zas contra ante o potente equipo de Lugo, cun profesional nas súas filas e outro antigo xogador de primeira nacional e de aí ese 4-0 nos primeiros partidos que xa setenciou o encontro. Resisteselle a victoria pero non a esperanza de conseguila e tampouco foi a mellor oportunidade para ver a melloría. 1ª división galega Tampouco foron bos os resultados desta fin de semana en 1ª división galega. Os de Zas contaban con gañar todos os encontros e so se conseguiu gañar a Conxo Ponte de Ferro por parte do AD Zas Construcciones Cernadas nun partidos non aptos para cardíacos nin para quen teña presa, pois catro dos seis partidos acabaron 3-2 e con moito tempo en cada set pois os puntos foron moi disputados. Quizá a sorpresa negativa deuna o concello de Mazaricos xa que se esperaba unha victoria clara e volveu de A Coruña cunha derrota sen excusas. Xa dentro do normal foi a derrota do Cernadas en Oroso, cuns resultados moi axustados nos sets pero estes foron sempre favorables aos locales. Con estes resultados manteñense intactas as aspiracións de cada un dos equipos nun grupo moi igualado. Ana García, Miriam Domínguez e Raúl López foron os xogadores que esta fin de semana defenderon o AD Zas Construcciones Cernadas. Resultados:
  • AD Zas Construcciones Cernadas – Conxo Ponte de Ferro: 4-2
  • SD Hípica – Concello de Mazaricos: 4 – 1
  • Oroso TM Hotel Santa Cruz – AD Zas Construcciones Cernadas: 4 - 1
2ª división galega zas-tenis-de-mesa O AD Zas O Pinar, de 2ª división galega, perdeu esta fin de seman ante o Liceo Noia "D" O máis destacable desta liga foi a primeira derrota do concello de Santa Comba. Ainda así mantén o liderato do grupo, no resto dos encontros non houbo sorpresas.
  • Liceo Noia “D” – AD Zas O Pinar: 4 – 0
  • Oroso TM Trastes – Concello de Santa Comba: 0 - 4
  • Oroso Peluquería Tije – SD A Baña: 4 - 2
  • Oroso TM Trastes – SD A Baña: 2 - 4
  • Oroso Peluquería Tije – Concello de Santa Comba: 4 - 2
 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.

Comentarios