Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza

O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza
O Anorthosis Vimianzo do ascenso do ano pasado

Este sábado empeza unha nova temporada parsa o clube Anorthosis Vimianzo con moitas espectativas e aumento de equipos en competición. En total presentará 6 equipos repartidos en diferentes categorías:

  • Anorthosis Vimianzo en 3ª División Nacional masculina, cos xogadores Roi, Marce, Gonchi e Ángel.
  • Concello de Zas Aquacenit (con Andrés Fagín, Miguel, Chris Roy e Stevo) e Concello de Zas O Gaiteiro (con Fran Otero, Martín Pérez de Cee, Andrés Bouzas, Gabriel Bouzas e Moncho Varela) en 1ª División Galega.
  • Concello de Zas O Pinar (con Laura, Lorena, María, Brais, Joel, Manuel Costa de Cee e Jesús Ferreiro) e Construcciones Cernadas (cos irmáns Carmen, Edu e Laura Cernadas, Miguel Lema de Laxe, Ana, Marta e Daniel) en 2ª División Galega.
  • Aluminios Xeal en 2ª División Nacional femenina (participarán todas as nenas).

Os retos e obxectivos de cada un deles son moi dispares. Así e despois de conqueriren o ascenso, o Anorthosis Vimianzo e o Concello de Zas O Gaiteiro intentarán permanecer na categoría recén adquirida e non vai a ser doado.

O Concello de Zas O Pinar en 2ª galega e o Concello de Zas Aquacenit teñen xogadores e calidade suficiente para aspirar as prazas de ascenso.

Por último, Construcciones Cernadas en masculino e Aluminios Xeal en femenino que están formados polos xogadores máis novos e competiran sen presión algunha de resultados e co obxectivo de desfrutar do deporte.

Equipo do Concello de Zas O Gaiteiro

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios