Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Anorthosis segue sumando e os filiais seguen formándose

O Anorthosis segue sumando e os filiais seguen formándose

Importante vitoria do Anorthosis esta pasada fin de semana nunha dificil cancha e nun moi igualado encontro. Os soneiráns tiveron que apurar un 16 a 15, en xogos e, con 4 partidos que se resolveron 3-2, dous para cada equipo.

Pola súa banda, os resultados dos equipos de 3ª pódense calificais de normaisl. Aínda que o Concello de Zas P Tívoli puido gañar algún partidos máis, os equipos zaenses caeron con rotundiade tras optar por dar xogo aos rapaces para que vaian conseguindo experiencia.

Resultados 2ª Galega. Grupo Centro.

  • IES Virxe do Mar - Anorthosis Vimianzo (3-4)

Cómpre destacar a laboura de Roi, que conseguiu gañar os seus dous individuais, e xunto co partido que gañaron Miguel e Marce acadaron os 4 partidos, suficientes para a vitoria.

Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste)

  • Breogán Oleiros "E" - Concello de Zas O Pinar (7-0).
  • Andeiro Promesas - Concello de Zas P Tívoli (6-1).

Vindeira xornada

Prevense encontros moi igualados para o domingo pola mañá, así que o que queira disfrutar da emoción do tenis de mesa recomendámoslle pasar polo ximnasio do CPI de Zas o domingo a partires das 11:00h da mañá. Estes serán todas as citas da fin de semana no ximnasio do CPI de Zas:

  • Sábado 26 novembro a partires das 17:00 h. 3ª galega:
    - Concello de Zas O Pinar - Andeiro Promesas;
    - Concello de Zas P Tívoli - Breogán Oleiros "G".
  • Domingo 27 de novembro a partires das 11:00h. 2ª galega:
    - Concello de Zas Angepon - Breogán Oleiros "D";
    - Anorthosis Vimianzo - S. D. Hípica.

Novas relacionadas

Crónicas de tenis de mesa

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios