Xoves. 12.09.2024
El tiempo

O baloncesto expándese por Bergantiños

O baloncesto expándese por Bergantiños

Imos hoxe ata o norte da comarca de Bergantiños para falar de baloncesto. Son varios os equipos que seguen fomentando este deporte. Xa vimos a campaña de “reclutamento” do Basket Xiria, e hoxe iremos ata Laracha co novo equipo feminino, e coñeceremos como arrincan a temporada os equipos da Liga Galega do Baloncesto Artai.

O Artai, xa na Copa Galicia

Junior do CB Artai na Copa Galicia

Os equipos Junior e Infantís do CB Artai xa están na competición autonómica. Esta fin de semana xogaban en casa, colleitando unha doble vitoria.

Copa Galicia Junior Masculino, xornada 2

  • Resultado: C.B. ARTAI - Ferrol CB (69-42).
  • Parciais: 17-8, 38-15, 53-26 e 69-42.
  • CB ARTAI (17+21+15+16): Pereira 16(2T), Guillamet 9 (1T), Marcos 6, Jaime 4, Xabi 6 (INICIAL), Daniel 2, Carlos 6, Moreira 10 (2T), Aitor 3, Melini 5 e Estany 2

Segunda xornada para os xogadores de Javier Cotelo e primeira vitoria na Copa Galicia para os colegiales carballeses. Partido disputado na mañá do sábado no pabellón Bergantiños con máis dun centenar de seguidores nas gradas da instalación deportiva.

Vitoria cómoda dos locais nun partido que dominaron desde o salto inicial sen deixar en ningún momento que os ferrolanos inquietásenos no marcador. E é que o partido non tivo nada que ver co de fai quince días, onde co persoal moi mermado polas baixas, os carballeses pouco puideron facer fronte aos betanceiros. Pero con todos máis ou menos recuperados, os junior demostraron sobre a pista carballesa que esta tempada poden dar moitas alegrías aos seus seguidores.

Infantis do CB Artai na Copa Galicia

Copa Galicia Infantil Masculino, xornada 1

  • Resultado: C.B. ARTAI - C.B. Culleredo (83-49).
  • Parciais: 29-6 16-17 24-14 14-12.
  • CB ARTAI: José Miranda (5), Carlos (8), Edu (20), Manu (23), Juan Gonzalez (4), Juan Perez (4), Ruben (2), Manuel Abelenda (2), Pablo (3), Mario (12), Julio y Javi.

Debut do infantil masculino nesta tempada 2014-2015. A mañá do sábado os carballeses enfrontábanse ao CB Culleredo no pabellón Carballo Calero ante algo máis de medio centenar de persoas.
Saíron enchufados os carballeses, cunha gran defensa a media pista, aproveitando a súa superioridade física (contra a que Culleredo non podía competir), e correndo ben, para endosar un 29-6 ao rival.
No segundo cuarto, co resultado moi a favor e dando rotación aos xogadores os artaicos baixaron un pouco o ritmo. Con máis ataque estático os azuis non estaban tan cómodos e este cuarto leváronllos os visitantes 16 a 17.

A segunda parte transcorreu pola senda do primeiro. Saen moi enchufados os infantís do cole no terceiro cuarto e baixan paulatinamente o ritmo ata o final do partido. Estiveron ben os azuis en defensa por momentos e saíron moi ben ao contraataque, conseguindo vantaxes numéricas que resolveron con calidade. A mellorar o ataque estático, onde se atrancaron, moitísimo bote e pouco xogo sen balón.


O baloncesto feminino do Xiria trasládase a Laracha

Equipo Junior do Basket Xiria Laracha

Nacen os equipos de baloncesto feminino Xiria Laracha. A Escola Basket Xiria e CB Laracha acadan un acordo de vinculación para competir cunha formación cadete e outra júnior. Ambos equipos, que xogarán coa denominación de Xiria Laracha, comezaron xa a súa preparación de cara ao próximo inicio da tempada. José Tato é o adestrador do conxunto cadete e Iván Latasa, do júnior. O Club Baloncesto Laracha achegará dúas xogadoras cadetes e cinco júnior que completarán as plantillas da Escola Basket Xiria. “Este acordo _explicou o director deportivo do club carballés, Arturo Ferraces_ permite que as nenas da Laracha que non ían xogar nas súas categorías poidan facelo, e que as xogadoras júnior da EBX poidan xogar no equipo sénior do CB Laracha”.
O acordo de vinculación prevé que tanto os adestramentos coma os partidos se celebren indistintamente en Carballo e A Laracha.

Equipo Infantil das Basket Xiria Laracha

A Escola Basket Xiria saca as canastras á rúa

Todos os nenos e nenas de 4 a 7 anos de idade están convidad@s a participar mañá xoves nunha sesión de pequebasket. O campo de xogo será a Praza do Concello de Carballo. A Escola Basket Xiria instalará varias canastras adaptadas ás idades dos participantes e os monitores do club estarán a disposición dos pequen@s dende as 17.30 ata as 19.00 horas para darlles a coñecer a actividade e inicialos na práctica do baloncesto.

Os Pequebasquet con Romay

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios