O Balonmán Camariñas cumple e mantén o liderato

Púxose a liga moi cara, a falta de 3 xornadas están 4 equipos coa marxe dun punto nesta 1ª Autonómica. Calquera pode ser campión, e calquera pode quedar fóra da fase de ascenso a 1ª Nacional.
Iso si, o Camariñas cumpriu e fíxose cos dous puntos nun complicado partido en casa, onde volveu desperdiciar unha vantaxe de 6 goles para que faltando 8 minutos puxésense os visitantes por vez primeira por diante no marcador cun 22-23. Pero aos poucos o Camariñas foise recompondo e puido facerse cunha merecida vitoria que os volve a colocar de líderes.

Datos do encontro

- Resultado: Conservas Boya Balonmán Camariñas, 28 - Atl. Guardés, 26
- Conservas Boya: Félix (p), Lalá (p), Víctor (p), Fari (2), Diego Alonso (1), Felipe (7), Quin (2), Canedo (5), Moncho (2), Salva (1), Catalán (2), Jose Ramón (3), Xabi (2), Perón.
O primeiro tempo os locais fixeron un partido moi serio en defensa, encaixando soamente 8 goles, pero no reinicio do partido en 11 minutos encaixaron outros tantos, e aí, xunto con que os visitantes anularon totalmente aos extremos do Camariñas, non deixándoos recibir, centrouse o xogo na primeira liña, que sen circulación do balón, quedou moi minguado o xogo local,
Vindeira cita
A seguir soñando, e o próximo partido visita o Camariñas ao Carballal de Vigo, 4º clasificado e con soamente un punto menos. Auténtica final a que se xogará o sábado de cara ás aspiracións de ambos os equipos.
Máis información
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas retoma a loita polo ascenso.
- O soño do Balonmán Camariñas segue en pé.
- Un empate con sabor a vitoria mantén ao Conservas coas aspiracións de ascenso intactas.
- A bestia negra frea ao Conservas Boya.
- O Conservas Boya afianza o liderato e segue soñando.
- A afección do Conservas Boya fai seguir soñando ao equipo camariñán.
- O Balonmán Camariñas consegue a sorpresa da xornada e non renuncia a nada.
- Empate amargo do Balomán Camariñas no seu debut na Liga polo título.
- Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe.
- O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
- O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.