O Cabo Touriñán sitúase 5º e mira cara arriba
Nova vitoria do Club Xadrez Cabo Touriñán, que tras 5 roldas se sitúa 5º na táboa clasificatoria do 2ª División, Grupo C 10,5 ptos de 20,
2ª División, Grupo C, xornada 5
- Resultado: Ames - Cabo Touriñán (1,5-2,5)
- Pablo García - José Soneira 0-1
- Miguel Otero - Ramón Franco 1/2-1/2
- Roberto Antelo - Santiago Pérez 1-0
- Remigio Duro - José Sar 0-1
Partidas xornadas nas magníficas dependencias do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A primeira partida en rematar foi a de José Sar que conseguiu vantaxe de Dama por cabalo. Pola contra o resto de partidas decidironse pasadas ás tres horas e media de xogo. José Soneira conseguiu chegar a un final de reis cun peón de ventaxa tras unha partida igualada. Ramón Franco tirou pola borda unha posición gañada e apiques estivo de perder tras levar o seu rei ata o campo inimigo, pero o seu rival non conseguiu rematar e chegouse a unha posición igualada onde se acordaron táboas. A partida de Santiago Pérez foi a máis igualada de todas e decidiuse por un erro do xogador muxián.
Vindeira xornada
Aa próxima rolda celebrarase o 11 de marzo, e os muxiáns recibirán ao equipo santiagés Super Secuaces do Gallaecia, que ten 1,5 puntos máis estando 4º na táboa. Unha boa ocasión para escalar posicións.
Máis información
Para os máis interesados, as partidas pódense reproducir en xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.- Federación Galega de Xadrez.
- Resultados da 2ª División, Grupo C.
- Clasificación da 2ª División, Grupo C.
Novas relacionadas
- O Club Cabo Touriñán vence ao líder e espalla o xadrez polas escolas de Muxía.
- O erros condenan ao Club Xadrez Cabo Touriñán en Vilagarcía.
- Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
- Febreiro 2017: O Xadrez Cabo Touriñán comeza a liga con vitoria.
- Setembro 2016: 745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).