sábado. 09.11.2024
El tiempo

O cañón Dosil

O cañón Dosil
  • Un gol do experimentado punta deulle a vitoria ao Outes e provocou o primeiro pinchazo do Soneira; outro líder, o Ponteceso, claudicou en Ara Solis.
O Zas, de amarelo, novo líder da Liga da Costa tras vencer en Cerqueda e aproveitar a derrota do Ponteceso en Ara Solis-Foto-UD O Zas, de amarelo, novo líder da Liga da Costa tras vencer en Cerqueda e aproveitar a derrota do Ponteceso en Ara Solis-Foto-UD A fin de semana da revolución no balompé costeiro 'guillotinou' dun plumazo a dous líderes que parecían gobernar os seus territorios con man de ferro. Outes e Fisterra tiraron de argumentos semellantes para o 'levantamento': fútbol paixoal, tirón popular e a figura dominadora dun dianteiro con pedigrí. Alén desas categorías, Dumbría e Xallas racharon coa dinámica positiva, aínda que os do Conco suman xa por terceira semana seguida. No caso da Primeira Autonómica, o Soneira ten polo menos outro partido máis de marxe para manter o liderado, a pesares da mala tarde no Cunchido. Iago Dosil, un trotamundos que ten pasado por tódalas categorías e tódalas zonas posibles da provincia de A Coruña, puxolle a puntilla a un cadro vimiancés máis fallón do normal. Do resto da xornada, as boas novas levan a sinatura de Malpica, Baio e Sofán, que estabilizaron a súa traxectoria con bo fútbol e unha demostración de motivos para o optimismo. A medio camino quedou un Corme con mellor caro. Non menos meritorio foi o papel dun Fisterra que tirou desa cara que todos sabían que antes ou despois aparecería: a que ao talento e a garra engade a efectividade. Tres goles de Adrián Makaay resultaron a chave para que o Ponteceso marchara sen pesca de Ara Solis. Baíñas, San Lorenzo e Sporting Zas o aproveitaron, non así un Castriz que fronte ao Coristanco atopou esa realidade chamada derbi de proximidade. A un dos poucos dominadores que lle foi ben resultou ser o Corcubión, que tras caer en Laxe hai dúas semanas enmendou o pinchazo cun claro triunfo, que ademais valeu para poñer máis terra de por medio debido ao pinchazo bergantiñán ante o Seaia. E non foi o día dos equipos dumbrieses en fútbol base, especialmente no caso do Xuvenil e a súa inesperada derrota no Conco co Unión de Asados.  

Preferente Norte, xornada 12

 

Primeira Autonómica, xornada 10

Segunda Autonómica, xornada 10

Terceira Autonómica, xornada 8

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 9

Dumbría1-2Unión

Cadete - División de Honra, xornada 9

Pontevedra4-0Dumbría
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 10

 

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 10

 

Primeira Cadete, xornada 9

Primeira Infantil, xornada 9

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 6

BenxamínCosta Sur F8, xornada 6

 

Veteranos, 1ª División, xornada 8

Veteranos, 2ª División, xornada 8

 

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios