mércores. 30.04.2025
El tiempo

O carnotán Anxo Fernández, subcampión de España de Taekwondo sub-21 aos seus 17 anos

O carnotán Anxo Fernández, subcampión de España de Taekwondo sub-21 aos seus 17 anos
Anxo Fernandez no 2 posto do Podio do Campionato de Espana sub21 de Taekwondo O carnotán Anxo Fernández, Campión Galego de Taekwondo

Unha das 8 medallas do taekwondo galego colleitadas no Campionato de España sub-21 de Tarragona esta fin de semana, ten sabor costeiro.

Xa coñecemos, de sobra a Anxo Fernández, pois xa ten sido Campión Galego ou bronce no Campionato de España Cadete. Esta fin de semana, o carnotán pegou un gran salto na súa carreira, ao acadar, aos seus 17 anos, (é aínda Junior), a medalla de prata nuns campionatos estatais de categoría sub.21.

A Federación Galega decidía contar con el a pesar da súa mocidade, e o deportista do Club Arte e Movemento respostou. Nos cuartos de Final superou ao representante de Zaragoza, nas semis ao catalán, que competía na casa, e na final non puido co madrileño Alejandro Vilariño.

En todo caso, o éxito de Anxo nos Campionatos fan presaxiar que a carreira continúa!

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios