O Carral vibrou co mellor do fútbol base galego


O melloriño do Fútbol galego sub-14 pasou polo Carral. A directiva do Sofán conseguiu traer a Carballo un interesante cuadrangular, organizado pola Federación Galega, de preparación para o Campionato de Seleccións Territoriais. Os equipos do Deportivo, Celta, Lugo e a Selección Coruñesa sub14 fixeron as delicias dos máis de 300 espectadores (ao longo da tarde puideron pasar polo Carral preto de 800 persoas), e tamén dos “cazadores de talento”.
I é que ademais de moitos responsables das canteiras máis sinaladas de toda Galicia, achegáronse a ver o mellor da nosa canteira xentes do Real Madrid, Barcelona, Valencia ou Villareal. E como non, tamén había adestradores de toda a Costa vendo o torneo, dende Dumbría, Louro, Muros, Baio, Laxe, Cabana, Cerqueda, Malpica...

No deportivo, foron 5 horas de gran fútbol. O torneo consistía en unha liga todos contra todos, con partidos de 40 minutos. Se ben non era un torneo competitivo, e polo tanto non había campión, o RC Deportivo acadou os mellores resultados tras vencer 2 partidos e empatar outro. Por detrás quedou o celta, que gañou dous partidos e só perdeu contra o Depor. O partido máis vibrante foi precisamente #ONosoDerbi, no que os rapaces branquiazuis celebraron os tantos coma se fose unha final de Copa.
Estes foron os resultados finais:
- Selección Coruñesa - RC Deportivo (0-0).
- CD Lugo - RC Celta (0-6).
- Selección Coruñesa - RC Celta (2-3).
- RC Deportivo - CD Lugo (3-1(.
- RC Celta - RC Deportivo (0-2).
- Selección Coruñesa - CD Lugo (2-0).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).