O Castriz amarga a festa ao Soneira e pon emoción á 1ª de Veteranos
Tiña preparada a festa o Soneira este domingo no Municipal de Vimianzo. I é que unha vitoria, e practicamente un empate ante o Castriz, lle valía para cantar o alirón na súa primeira temporada en 1ª División e trala súa segunda temporada en competición. Pero en fronte estivo un gran Castriz, que sorprendeu a uns e outros, e sacou un merecido 0-2 que o sitúan a só 2 puntos do Soneira faltando 2 partidos por xogar.
E non o terá nada fácil o Soneira esta semana pois toca visita ás Redondas, ante un Cabana que está 3º a só 5 puntos dos propios vimianceses, mentres que o Castriz recibirá a un Bergantiños sen nada en xogo, pero que será xuíz e parte pois na última xornada recibe ao Soneira. Todo pendente pois para estas dúas últimas xornadas no máis alto da 1ª División, onde por abaixo xa está todo decidido, cun Vimianzo desexando que remate, dende hai moito, tras 28 derrotas e outros tantos partidos e 119 goles en contra. Con el marchará á 2ª División o Camariñas.
E practicamente xa sabemos que equipos subirán a 1ª. O Muros celebraba o ascenso en Miraflores vencendo ao Porteño e o fai tras unha gran campaña. Mentres a segunda praza de ascenso se decidía este domingo en Laxe. O cadro local chegaba con 2 puntos sobre o Corcoesto, ao que superaba pola mínima, deixando o ascenso practicamente sentenciado con 5 puntos a falta de 6 por disputar. Sufrida vitoria a do Laxe por un solitario gol que vale un ascenso.
Sorteo da Copa da Costa de Veteranos
Ademais, os veterenos teñen cita o venres 19 de abril co sorteo da Copa da Costa de Veteranos, que se celebrará a partir das 21:30h no Local da 3ª Idade de Neaño, en Cabana.
Máis información
Crónicas da semana
- Xuvenís: Empezou o espectáculo da #CopadaCosta.
- 3ª Autonómica: As loitas seguen abertas.
- 2ª Autonómica: Igual por arriba e tensión por abaixo.
- 1ª Autonómica: O Ponteceso salva unha xornada fatídica.
- Preferente: Sen tensión.
- Resultados e análise da xornada do fútbol da Costa da volta do parón de Pascua.
Novas relacionadas
- Un cadete fisterrán do Dumbría probará co Levante.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido aos irmáns Mato do Cabana.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).