Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría arranca a tempada coa participación na copa galega de Slalom

O CDM Piragüismo Dumbría arranca a tempada coa participación na copa galega de Slalom
lorena-costa-piraguismo A dumbriesa Lorena Costa acadou o segundo posta na categoría xuvenil do Slalom Internacional de Fridao Despois dunhas semanas de parón, o CDM Piragüismo Dumbría retoma a súa actividade coa participación na copa galega de Slalom que se disputará esta fin de semana en Salvaterra. Acudirán uns 20 deportistas do clube dumbriés das categorías infantil, cadete, xuvenil e senior. No último test de pretempada, os padeixeiros do clube integrados no centro galego de Tecnificación Deportiva competiron en Amaránte, no Slalom Internacional de Fridao, onde acadaron uns óptimos resultados tendo en conta que os deportistas do clube dumbriés competían na categoría absoluta a pesar de pertencer á de cadetes. Lorena Costa subiu ó segundo chanzo do podium, a escasas cinco decimas da gañadora - a súa compañeira no CGT Ainhoa Lameiro, xa da categoría xuvenil -."Estou contenta co resultado, e mais cando chega despois de haber estado algo enferma na vispera da competición. É un moi bó comenzo de tempada", sinala Lorena Costa. En canto os rapaces, Jorge Quintáns firmou unha competición fantastica, facendo un cuarto posto absoluto que confirma o seu bó estado de forma "Tiven boas sensacións, e saiu un bó resultado" comenta o padeixeiro soneirán. Pola súa banda, Marcos Sanchez Cancela non defraudou no seu debut coma deportista do CGT, cun salientable décimo terceiro posto, e no que apenas a penalización por un toque lle impediu entrar na final nunha manga na que foi polo sitio e tratando de facer o percorrido do xeito máis doado. Á competición tamén acudiu Iago Canosa, que non tivo o seu mellor día, e sendo un dos favoritos para loitar polas plazas de podium non foi quen de pasar o corte. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios