xoves. 01.05.2025
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría arrinca a tempada na Taça Ibérica de Portugal

O CDM Piragüismo Dumbría arrinca a tempada na Taça Ibérica de Portugal
Lorena Costa

Un ano máis a tempada do CDM Piragüismo Dumbría arranca coa disputa da Taça Ibérica de Slalom, proba internacional que terá lugar en augas do río Coura, en Vilanova de Cerveira, Portugal. Unha proba na que participan os mellores clubes de Galicia e Portugal, e á que o  CDM Piragüismo Dumbría acude cunha equipa de dez deportistas buscando sobre todo sensacións posto que aínda nos atopamos nun momento moi inicial da tempada.

No K1 femenino a representación costeira estará formada pola xuvenil  Lorena Costa, a cadete Xiana Castro, e a infantil Alexia Canosa. Na categoría masculina serán o xuvenil Brais Perez, e os cadetes Fran Romar e Marcos Cancela, e os abridores Martín Romar e Brais Cancela. Por útlimo, o senior Marco Oreiro e cadete Fran Romar serán os que representen ó CDM Piragüismo Dumbría na modalidad de C1.

As ausencias do club estarán protagonizadas por Iago Canosa e Jorge Quitáns que se atopan en La Seu de Urgell en concentración permanente co equipo nacional Sub-23

Comentarios