O Club Arte e Movemento, cun empurrón municipal, pide apoio empresarial
Emotiva recepción a que brindou o Concello de Cee á familia completa do Clube Arte e Movemento na Casa da Cultura de Cee este pasado sábado. Unha recepción para recoñecer o traballo e resultados do clube, dende a sua creación. Aló subiron ao escenario as case 200 persoas que forman esta familia deportiva do único club federado de Baile Deportivo, e tamén único club federado de Taekwondo en toda a Costa da Morte.
Un club que ante o crecemento continuo que está tendo nos seus 5 anos de historia, necesita dar un paso adiante e por iso está na procura de patrocinadores e colaboradores, que faciliten ós deportistas a practica, e sobre todo os desprazamentos que teñen que afrontar para poder seguir coa súa práctica sobre todo competitiva.
Dan conta desta necesidade exemplos como os de Anxo Fernández (o carnotán que quedou ás portas do Campionato de España de Taekwondo), que viaxaba a Croacia para competir coa Selección Galega, tendo que afrontar unha parte importante dos gastos. Ou tamén, eses 12 deportistas da sección de baile deportivo, que viaxaron correndo cos gastos a Guadalajara para poder optar ó ascenso.
Un pouco de historia
Juan Carlos Díaz e Mª Graciela Toba, son os socios fundadores do Clube, que tomou forma oficial no 2010.
Pero a historia da semente de Arte e Movemento, remóntase ó ano 1992 no que Juan Carlos entrou no mundo do Taekwondo e ó ano 1997 cando Juan Carlos Díaz e Mª Graciela Toba, comenzaron a practica do baile deportivo, participando xa nas competición nacionais, sendo a primeira parella federada da Costa da Morte, e unha das pioneiras de Galicia. Foron compartindo os seus coñecementos das distintas modalidades, en distintos concellos da Costa da Morte, ata que no ano 2002 decidiron coller como sede central Cee, para ali reunir ós deportistas dos distintos puntos da bisbarra.
Dende aquel momento, foron centos de deportistas os que coñeceron estes deportes da man de Juan Carlos e Graciela como entrenadores. Ó mesmo tempo que eles mesmos seguían formándose, competindo e recollendo triunfos por todo o territorio español, e tamén levando a Costa da Morte por distintos países de Europa, participando no ranking da WDSF (Federación Mundial de Baile Deportivo).
Pero detrás de eles viñeron motivos deportistas, na sua maioria menos, que coñeceron estes maravillosos deportes, e foron logrando tamén importantes triunfos.
O Clube Arte e Movemento crease no ano 2010, con licencia coa Federación Española de Baile Deportivo e Federación Galega de Taekwondo. A semente do taekwondo e do baile, xerminou ata tal punto na nosa bisbarra, que a data de hoxe, o club ten un total de 184 licencias de deportistas. 110 coa federación de taekwondo, mais 74 coa de baile deportivo, sendo un dos clubs máis grandes da Costa da Morte, e o máis grande do Concello de Cee en número de licencias.
Novas relacionadas
- O carnotán Anxo Fernández aspira ao título de campión de España Junior de Taekwondo.
- Un esperado subcampionato para os bailaríns Diego e Ariadna.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).