sábado. 22.03.2025
El tiempo

O Club Cee Deportes de Contacto afianza o seu estatus veterano na Liga ITF

O Club Cee Deportes de Contacto afianza o seu estatus veterano na Liga ITF
Familia do Club Cee Deportes de Contacto Familia do Club Cee Deportes de Contacto O pasado sábado 19 de maio, tivo lugar no Liceo de Noia o último encontro da liga galega de Taekwon-do ITF, cita na que participa o mellor desta disciplina a nivel galego. O percorrido desta liga deu comezo en Cee, co campionato organizado polo Club Cee Deportes de Contacto no que xa se puido ver un avance da prometedora tempada que tivemos por diante. Esta promesa veuse cumplida no evento de Oroso, Sigueiro que ademais de contar como encontro puntuable para a liga, era un Open a nivel estatal, co que disfrutamos da participación de competidores achegados de diversos puntos da xeografía española. Ó encontro final no Liceo de Noia, acudíu puntualmente o Club Cee Deportes de Contacto facendo gala de un cumprido listado de competidores que demostraron con creces a súa valía. De entre todas as persoas competidoras desta disciplina dos mellores clubes de Galicia, o Club Cee demostrou que pode estar á altura das espectativas formadas polos anteriores anos, que conforman unha traxectoria de evolución e mellora constante. Transformouse esta evolución nun palmarés na liga colmado por un total de 8 ouros, 12 pratas e 5 bronces en todas as categorías. Tras moitos anos de esforzo e traballo, o Club Cee establécese xa como un dos veteranos a nivel galego, e como un referente como club, destacando a calidade dos seus integrantes, a alegría e o desfrute do deporte en equipo, e o privilexio de contar cun equipo de adestradores de gran nivel con xente como Antonio Blanco “Dache” e Adolfo Liñayo. Pasiño a paso, e con moito esforzo este club local foise facento un nome tanto dentro da disciplina do Taekwon-Do ITF como do Kick Boxing, enfocando sempre as disciplinas marciais e de contacto cunha filosofía de saúde, traballo en equipo, amizade e enriquecemento persoal. Este traballo non sería posible sen a colaboración do Concello de Cee, e dos patrocinadores “Colada por tí”, “Talleres NOACAR”, e “Automóviles Alvarez”.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-muxian-samuel-mendez-representa-a-galicia-no-campionato-nacional-cadete-de-taekwondo/ https://quepasanacosta.gal/dous-deportistas-do-club-cee-deportes-de-contacto-conseguen-a-clasificacion-para-os-campionatos-de-europa/

Comentarios