venres. 02.05.2025
El tiempo

O club Triatlón Costa da Morte abre o Circuito Galego de Duatlón Cross cunha vitoria por equipos

O club Triatlón Costa da Morte abre o Circuito Galego de Duatlón Cross cunha vitoria por equipos

Comezou a tempada, e con bo pé, para o club Tríatlón Costa da Morte. Celebrábase o X Dúatlon Cross de Beariz, contra vento e marea, e moita chuvia. Alí estiveron 7 atletas do club costeiro, quedando campións por clubs e cun fantástico 2º posto na xeral para o vimiancés David Calzas.

Calzas chegaba a pouco máis de medio minuto do gañador, Marcos Mayo (Tríatlon O Treito), completando o percorrido en 1:45:28. Os tempos de Gabriel Castiñeira Paz (5º) e de Francisco Pais Fondo (9º) permitían ao equipo alzarse co título por equipos. Ademais estiveron competindo José Manuel Tomé (17º), Ramiro González (27º), Marcos Castiñeira (33º) e Alberto Rodríguez (41º), quedando ben arriba ante os 63 participantes (trala retirada dunha ducia de atletas).

Triatlon Costa da Morte campion por clubs no Duatlon de Beariz O Triatlon Costa da Morte campión por clubs no Duatlón de Beariz

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios