O Club Xadrez Cabo Touriñán prepárase para unha emocionante a recta final

06:50 20/03/18

Ca posta en marcha da pioneira Escola de Xadrez de Muxía como gran foco de atención do mundo dos taboleiros, o Club Xadrez Cabo Touriñán continúa a súa andaina impecable na Liga. Volveu gañar esta fin de semana, quedando todo por resolver nas últimas catro roldas da liga onde terán que enfrontarse a os seus rivais directos.
Esta xornada xogaban os muxiáns, corcubioneses contra o último clasificado.
Cabo Touriñán 3 – A Estrada 1
Resultados por taboleiro:- José Soneira- Basilio Guijarro 1-0. Soneira fixose ca iniciativa ao gañar un peón central na décima xogada, posteriormente gañou unha peza e a partida rematou na xogada 20.
- Alberto Esteban - Manuel Lamas 0-1, Partida con enroques opostos na que o xogador da Estrada non conseguiu elavorar ningún plan, Manuel lanzou un ataque ao enroque inimigo e terminou dandolle mate.
- Ramón Franco – Alex Vázquez 1-0. Ramón xogou un gambito de Rei, e tras varios cambios de pezas chegouse a un final onde cometiu varios erros, pero o seu rival non soubo aprobeitalos e tras un golpe táctico logrou un ataque ao rei con mate imparable.
- Adrián Rey – José Sar 0-1. O rival de José deixouse peón na apertura pero a posición estaba aberta con mellor disposición de pezas do xogador da Estrada que tras un erro de José conseguiu gañar unha peza e chegar a un final gañado.
Vindeira xornada
Hai un parón de dúas semanas por mor dos campionatos galegos que se disputarán en Padrón, para voltaren xogar o día 7 de abril en Oroso.Máis información
- Calendario da 2ª División da Liga Galega de Xadrez.
- Podense reproducir as partidas no blog xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.
- www.fegaxa.org.
Novas relacionadas
- Bota andar, co prazo de inscrición aínda aberto, a pioneira Escola de Xadrez de Muxía.
- En marcha a pioneira Escola Municipal de Xadrez de Muxía.
Crónicas do curso
- O Club Xadrez Touriñán supera o ecuador da Liga no liderato.
- O Touriñán xa é líder.
- O Xadrez Cabo Touriñán, firme cara o ascenso.
- O Xadrez Cabo Touriñán comeza a tempada con fichaxes mirando o ascenso.
- Muxía puxo o broche final ao pioneiro II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).