O concello de Carballo renova os equipamentos dos seus ximnasios
07:05 15/01/16
Máis de 820 usuarios acoden ás instalacións deportivas municipais
O Concello de Carballo realizará este ano un importante investimento na renovación dos equipamentos das dúas salas de fitness municipais, situadas nos complexos deportivos Carballo Calero e Vila de Noia. O material deportivo está a sufrir as consecuencias do elevadísimo nivel de uso das instalacións, polas que pasan a diario centos de persoas, e dende a concellería de Deportes estase a traballar para poder licitar o antes posible o contrato de renting que permitirá substituír toda a maquinaria dos dous ximnasios.
Dende a súa apertura, no ano 2009, as salas fitness do concello de Carballo están a rexistrar unha intensidade de uso cada vez máis elevada. Nestes momentos contan con 828 usuarios. A boa aceptación do servizo provoca, precisamente, un maior deterioro dos equipamentos, que é especialmente acusado no ximnasio Carballo Calero, polo que dende Carballo Deporte tomouse a decisión de proceder á renovación completa, con carácter inmediato, nos dous complexos deportivos. Deste xeito, os usuarios e usuarias poderán seguir desfrutando da práctica deportiva nas mellores condicións.
A calidade na prestación dos servizos e a atención ás persoas usuarias son, de feito, dous dos obxectivos de Carballo Deporte, que pon a disposición de particulares e entidades dúas salas fitness, dúas piscinas climatizadas, campos de fútbol e pavillóns deportivos; ademais dunha ampla oferta de actividades que abrangue cursos de natación para diferentes idades, aquagym ou ximnasia de mantemento, entre outras.
Sesións con Dafit
- Deporte e Saúde con DaFIT: O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol)
- Deporte e Saúde con DáFIT: Paciencia para recuperarse do Nadal.
- Deporte e Saúde con DaFIT: Pautas para enganar ao Nadal.
- Os mitos da Alimentación.
- Para Maiores!.
- Hipopresivos & Isométricos.
- Bewater, my friend!.
- Maniotas, quen non as padeceu algunha vez?.
- Previndo a dor das costas.
- Apostamos polo Crossfit.
- Unha de surf.
- Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Outono de sendeirismo.
- Invadindo o Conco.
- #CorreconDafit.
- “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Carballo