mércores. 30.04.2025
El tiempo

O concello de Carnota organiza a I copa de Fútbol Sala

O concello de Carnota organiza a I copa de Fútbol Sala
O pasado venres arrincou a I Copa de Fútbol Sala organizada polo concello de Carnota. Nela participan seis equipos locais:  AB!C, Bar Miche, Relámpago, Casa da Cregha - O Pirata, Fanecas Bravas e Pinturas Carnota. Os partidos celébranse todos os venres, a partir das 20 horas, no pavillón de Carnota. A primeira fase dura dous meses e xógase polo sistema de liga ida e volta. As semifinais e a final disputaranse o 22 de xullo. O premio consistirá en cadanseu trofeo para os equipos campión e subcampión, así como unha cea para o primeiro clasificado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Concello de Carnota

Comentarios