O concello de Zas recibe ao C.D. Baio tras gañar a liga da Costa
21:32 20/05/17
O alcalde e e tenente alcalde de Zas recibiron esta mañá aos xogadores e á directiva do clube deportivo Baio
Xogadores e directiva do clube deportivo Baio foron recibidos esta mañá polo alcalde de Zas e ex xogador do equipo, Manuel Muíño, e polo tenente alcalde, Óscar Lema, despois de que os baieses se proclamasen campións da liga da Costa e se metese de cabezas en Primeira Autonómica.
Manuel Muíño entregoulle a Chema Rei un plato de Sargadelo co escudo do concello gravado
Durante a recepción, o alcalde fíxolle entrega ao presidente do clube - Chema Rei - dun plato de Sargadelos co escudo do concello gravado. Lolo Muíño felicitounos polo éxito acadado e polo bo xogo e a deportividade que ofrece o equipo xunto coa boa imaxe que difunden do municipio. Lolo aproveitou a ocasión para recordar o seu pasado como porteiro do C.D. Baio. Pola súa banda, o equipo baiés agasallou ao alcalde e ao tenente con cadansúa bufanda do equipo.
O alcalde de Zas felicitou ao clube baiés polo bo xogo ofrecido de pola boa imaxe que proxectan do concello
Despois da recepción, o concello de Zas convidounos a unha comida nun restaurante de Baio.
Novas relacionadas
- Alejo e MC, 2º e 3º máximos goleadores da historia da Liga da Costa
- “Por quen máis me alegrei foi por Martín, Mario e MC”
- A Pipa: De títulos, promocións e arrastes
- Liga da Costa: O ‘fillo’ volve a casa
- N552, autoestrada ao ceo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)