O Conco acolleu a gran festa do FSF


Volveu unir a activa xente da Asociación Deportiva Vidú (coa inestimable colaboración do Concello de Dumbría e dos Veteranos do club) a todo o Fútbol Sala Feminino vcosteiro. O pasado sábado 2 de xullo disputouse o primeiro partido da historia entre a Selección Norte e a Selección Sur da Costa da Morte de FSF. O pavillón dumbriés do Conco acolliu este evento, inédito ata o de agora, ao que asistiron uns 150 espectadores, convertíndose nunha auténtica festa do fútbol sala feminino da Costa da Morte, na cal houbo moitos reencontros, moitas anécdotas que recordar e tamén había quen voltaba a compartir vestiario e equipo con excompañeiras.
Agora esperamos que se faga pública a lista de convocadas da primeira Selección da Costa de fútbol sala feminino da historia que se enfrontará ao Burela Pescados Rubén.
Selección Norte - Selección Sur (7-0)

- Selección Norte: Eva Lema, Ana Mouzo, Patri Romaní, Nuria Paz, Sheila Gil (cinco inicial). Tamén xogaron: Elsa Souto, Tamara Ramos, Nuria Pose, Noelia García, Leti Rojo (PS).

- Selección Sur: Lía Agra, Rita Lema, Paula Fandiño, Alba Trillo, Tatiana Barcia (cinco inicial). Tamén xogaron: Adriana Castro, María Pérez, Andrea Romero, Bárbara Caamaño e Alba Cambeiro.
- Goles: 1-0 m.4: Paula en propia porta; 2-0 m.12: Nuria Pose; 3-0 m.18: Patri; 4-0 m.20: Sheila; 5-0 m.27: Elsa de penalti; 6-0 m.38: Nuria Paz; 7-0 m.39: Noelia.
- Árbitros: Rubén García Montoiro (árbitro principal) e Yayo Pájaro Gómez (crono). Estiveron moi ben.

Aos catro minutos, a Selección Norte poñíase por diante no marcador nunha desafortunada xogada para o combinado sureño logo de que Paula introduxese na súa propia portería tras un saque de banda botado por Sheila. Logo desto, ambos conxuntos puideron mover o marcador pero Eva e Lía evitaban os goles de Tati e Ana, respectivamente. Era cuestión de tempo que o gol caese para unha parte ou outra e finalmente a pesar dunha gran intervención de Lía, Nuria Pose aproveitaba o rexeite da porteira de Esteiro para facer o segundo para as súas. A continuación, Andrea tivo unha dobre ocasión ante Eva para recurtar distanzas no marcador pero a porteira muxiana foi un muro insuperable para a fisterrana e non permitiu que as sureñas puxese o 2-1 no instantáneo.
Tras esta dobre ocasión das do Sur, o combinado norte volveu á carga pero Lía evitaría que Tamara aumentase a conta das súas no marcador cunha gran intervención no man a man. Deseguido, volvería a aparecer a figura de Lía para evitar o gol das do Norte ante Patri, pero a xogadora do Viaxes Amarelle superaría á porteira esteirana en segunda instancia.
Logo de que chegase o terceiro tanto das norteñas, as rapazas dirixidas por Santi De La Fuente lanzáronse a polo gol pero Andrea, nun man a man logo dunha gran xogada individual, e Rita, cun disparo desde tres cuartos de pista, non foron quenes de superar a Eva.
Despois disto, as sureñas recibiron un duro revés porque serían as xogadoras de Dani Calvete as que verían portería, logo de que Sheila fixese o gol da tarde cunha espectacular definición no man a man con Lía.
Á volta dos vestiarios, as pupilas de Santi De La Fuente sairían en busca do gol pero un potente disparo de Andrea toparíase co longueiro. Tras isto, ambos equipos tratarían de achegarse á área rival pero sen fortuna. Habería que esperar ata case mediada a segunda metade para ver un acercamento e sería logo de que Elsa recibise un pase dentro da área, onde sería arroiada por Adriana. O colexiado non dudaba e sinalaba un claro penalti que transformaba a propia Elsa.
Un minuto despois, Tatiana Barcia, unha das máis activas da Selección Sur xunto coa capitana Rita, estivo a piques de recurtar distanzas no marcador pero Leti mostrouse infranqueable no man a man.
Xa co equipo sureño volcado no ataque, as do Norte tiveron dúas grandes ocasións nos pés de Nuria Paz pero Adriana salvaría ás súas con duas boas intervencións. Aínda que minutos máis tarde, a porteira ceense nada puido facer ante a propia Nuria Paz e Noelia que marcarían os dous últimos goles da tarde para poñer o definitivo 7-0, que resultaría un tanto abultado e o cal se dou polo gran acerto da Selección Norte de cara a gol, un combinado norteño que foi superior a un sureño que non estivo acertado de cara a portería en gran parte por culpa das actuacións de Eva Lema e Leti Rojo, quenes estiveron inconmensurables.
Tras o pitido final, as protagonistas do encontro volveron a recibir unha gran ovación por parte da afección presente e os abrazos e as mostras de cariño entre as xogadoras predominarían ao remate do partido.
Crónicas da temporada
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
- FSF: O Fisober trasládase a Dumbría mentres chegan as finais de Copa:
- O Fisober meteuse no póker autonómico.
- O Fisober quere a Copa.
- Pechando unha liga dispar.
- Cee vibrou ca Festa do Fútbol Sala costeiro.
- O Fisober deixa escapar o ascenso mentres o Vila de Cee prepara a Festa do FS.
- As bravas Vila de Cee, campionas da Liga Provincial no seu terceiro ano de vida.
- Continúa a loita.
- Dous ascensos no forno.
- Con Pioto e a afección polo ascenso.
- Mantendo o pulso na zona alta.
- Derrotas antes do gran derbi.
- Grandes tardes de fútbol sala.
- FSF: Un xaneiro fetén.
- FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando.
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).