Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O coristanqués Castro, pichichis das Liga Xuvenís

O coristanqués Castro, pichichis das Liga Xuvenís
Castro Coristanco Pichichi xuv Castro, do Coristanco, o novo Pichichi de xuvenís Rematou a primeira fase, e xa temos emparellamentos para as Liguillas. E xa podemos facer o reconto dos máximos goleadores da categoría. Foi Castro, o dianteiro de primeiro ano do Coristanco, o máximo goleador de ambos grupos. O pichichi disputou ás ordes de Eloy 16 partidos e marcou 23 goles (3 de penalti) o que supón unha cifra de 1,44 goles/partido. Maior media goleadora teñen dous xogadores: o camariñán Brandon, agora no Calazanz de Liga Nacional, con 22 goles en 14 partidos (1,57 goles/partido); emais o capitán xalleiro Rachón, que suma 16 goles en só 10 partidos (1,6 goles/partido), pois moitas fins de semana tocoulle xogar co primeiro equipo. Ao mesmo nivel competiu tamén Carlos Rieiro, do Xallas, que marcou 20 goles en 16 partidos (1,25 goles/partido). Carlos Rieiro e Rachon do Xallas Carlos Rieiro e Rachón do Xallas En todo caso, esta é a táboa, para que vaian anotando nomes que nos van soar nun futuro non lonxano:
Goleador Equipo Goles Partidos xogados Goles/partido
Castro Coristanco 23 (3 p) 16 1,44
Brandon Camariñas 22 14 1,57
Carlos Rieiro Xallas 20 16 1,25
Brais Cancela San Lorenzo 17 (2p) 18 0,94
Rachón Xallas 16 10 1,6
Samu Cee 16 (1 p) 15 1,07
Eloy Ponteceso 16 (1 p) 18 0,89
Adán Outes 14 (7 p) 14 0,87
Jose Ángel Cabana 13 12 1,08
Anido Coristanco 13 18 0,72
Manu Bermúdez Corme 13 18 0,72
Carajillo Esteirana 12 14 0,86
Josiño Muxía 11 (3 p) 13 0,85
Brais Rey Sofán 11 14 0,79
Luís Lojo Corcubión 11 15 0,73
Isma Cee 11 15 0,73
Simón Outes 11 15 0,73
Andrés Zas 11 (2 p) 15 0,73
Ferreiro Cabana 11 17 0,64
Sieira Os Miúdos 10 (2 p) 13 0,77
Aarón Fisterra 10 15 0,67
Brandon do Camarinas e Eloy do Ponteceso entre os destacados Brandon do Camariñas e Eloy do Ponteceso entre os destacados da tempada  

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios