O Corme batiu no Ponteceso
Era o Trofeo Concello de Ponteceso unha das citas máis interesantes da fin de semana de pretemporada. Houbo máis partidos, pero comezamos por aló.
Trofeo Concello de Ponteceso
Foi un bonito partido, un bonito derbi entre os dous equipos do Concello pontecesán no campo do Pinguel. Nunha situación nova para ambos, pois tras varios anos sendo o Ponteceso o equipo máis punteiro, este curso 14-15 partimos do revés, e o Corme, en 1ª, é o primeiro equipo do Concello tralo descenso do Ponteceso a 2ª.
Foi un partidazo o dos maiores, que rematou con 1-4 para o cadro azulón. Marcou Alejo e Lucas, recurtou Brais para os de Marco, pero de novo Alejo e Jose sentenciaron para os de Lentejo.
Tivo o Ponteceso un bonito detalle con Toniño, ex xogador do cadro pontecesán durante moitos anos que estas dúas temporadas volveu ao campo da súa terra.
Houbo partidos de xuvenís e infantís tamén. Nos Xuvenís, moi igualados, o Corme vencía por un apretado 0-1. Mentres que en Infantís a vitoria cormelá foi máis rotunda: 0-5.
Doble partido do Baíñas
Trasladábase o Baíñas ata Nantón para disputar un amistoso, e o resultado final foi de 1-6 para os de Mario de José, con 3 tantos de Capote, 2 de Tasky e un de Eloy.
O propio Baíñas xogada tamén ante a Esteirana, caendo 2-1 ante o cadro blaugrana.
O Muxía cae co Cee
Era o Cee invitado en Muxía para "I Memorial Aurelio González”. E o cadro de Rafa Suárez vencía con comodidade no novo céspede de Arliña.
Cabana - Coristanco
5-1 venceu o Cabana ao Coristanco nun amistoso disputado nas Redondas. Manu Guillamet abría o marcador á media hora, e tras 40 minutos de zozobra na segunda, os últimos 10 minutos foron de traca. Empatou o Coristanco no 82, pero no 86, 88 e 90 e 91 marcaron Iván Mato (2), Berti e Fernando para pechar o marcador.
Choque xuvenil
O Dumbría xuvenil vencía 5-1 ao Cabana.
Máis información
Novas relacionadas
- Sen parada no Fútbol Costeiro con torneos estivais.
- O Soneira prantou cara a todo un Racing de Ferrol para arrincar ben a temporada.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Novas relacionadas
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).