Venres. 19.04.2024
El tiempo

O debut histórico do Artai Sénior centra a atención da xornada do basket costeiro

O debut histórico do Artai Sénior centra a atención da xornada do basket costeiro
O ACB Costa da Morte subiu a Moa O ACB Costa da Morte subiu a Moa

Comezou unha nova temporada para o baloncesto costeiro.

Polo sur, o ACB Costa da Morte, xa sen o apoio de Ferroatlántica, comezaba a temporada, o xoves cunha subida de confraternidade á Moa, e o sábado cun partido duro na Laracha.

Foi un día histórico en Carballo, co debut, nos 15 anos do Artai, do seu primeiro equipo sénior. O cadro escolar segue medrando.

Un pouco máis arriba, o Calvo Básket Xiria e o Vázquez y Reino tamén disfrutaron de boas vitorias.

Primeiro equipo senior da historia do Artai Primeiro equipo sénior da historia do Artai

3ª División Sénior Masculina, Coruña B, xornada 1

  • Resultado: CB LARACHA – C.E. CUME COSTA DA MORTE (85-53)
  • CUME Costa da Morte: Manu (2); Deril (7, 1T); Jorge (4); Alfredo e Sergio (3) – cinco inicial – Fran (8); Luci (3, 1T); Fabián (5); Iván (13); Pais (8)

Primeiro partido “oficial” desta tempada do ACB Costa da Morte, que contaba con moitos cambios. Volveron ao equipo Fabián e Pais, e fixeron o seu debut nesta categoría os junior Fran, Jorge e Iván, ademais de Luci que xa tivo licencia sénior a tempada anterior. Por outro lado, causaron baixa Rodrigo, Iván, Gonzalo, Adrián, Cristian Marcote e Christian Vázquez.

Así chegaban a Laracha con dúas vitorias en pretemporada contra CB Artai e CB Noia. Pero foi outro cantar. Comezaron erráticos, lanzando ata 4 triplas nos primeiros catro minutos, sen penetrar, sen buscar opcións fáciles de xogo. Ademais a presión a toda pista do equipo local facía perder dous balóns case que consecutivos. Tras un tempo morto, a cousa cambia, achegándose no marcador, grazas a ser máis agresivos cara a canasta, conseguindo sair máis facilmente da presión e atacando con certa calma. (22-16)

No segundo período, Laracha continua co seu xogo, que desta vez lle sae moito máis rentable, perdendo os visitantes novamente balóns que se convertían en fáciles contras do conxunto local, ante a pouca reacción en transición defensiva dos locais.

Á volta do descanso é cando se ve a peor cara dos ceese que só conseguen anotar por medio de Iván, que tiña vantaxe co seu rápido primeiro paso contra os interiores dos rivais e un tiro libre de Sergio.

O último cuarto, cas cousas case decididas, o adestrador propón unha zona 2-3 dado o problema no rebote e que os visitantes eran superados no 1x1, pero Laracha fixo gala doutra virtude: o lanzamento exterior, conseguindo 3 triplas consecutivas e un tiro a media distancia, polo que coa entrada de Pais, se volve a defender en individual.
O vindeiro domingo 22, o ACB recibe na casa ás 18:00h ao Restaurante Montero Terra Cha.

 

3ª División Sénior Masculina, Coruña B, xornada 1

  • Resultado: CALVO ARTAI - BASQUET CORUÑA (85-51).
  • PARCIAIS POR CUARTO: 14-10, 28-10,, 24-22, 19-9.
  • C.B. ARTAI (14+28+24+19): Jaime Sueiro (4), Marcos Guiance(), Pedro Trigo(4), Abrahan(15), Fernando Mariño (11),Sergio Cebral (9), Adrian Rey (2), Bruno Calviño, (21),Diego Mallo(3), Iván Cancela(6), Dani Otero e Andrés Puente (10).
Senior do Artai ante o Basquet Coruna Senior do Artai ante o Basquet Coruna

Partido histórico en Carballo polo debut da liga sendo o primeiro partido nos 15 anos de historia do club carballés na categoría senior. Para a historia do club quedarán grabados os nomes de Andrés Puente, autor do primeiro punto do partido e tamén o nome de Fer Mariño, autor da primeira canasta en xogo do Calvo Artai.

O primeiro cuarto reflexou unha igualdade entre ámbolos dous clubes, debido quizáis a incertidume de ser a primeira vez que se enfrontaban entre eles, xa que como é ben sabido, o clube carballés iniciabase por primeira vez na sua historia nesta categoria. Moi imprecisos os xogadores carballeses, moi irregulares no tiro, sobre todo nos tiros libres e cunha ansiedade propia do debut e da xuventude do plantel. Pero no segundo cuarto liberáronse dos nervios os locais e foito diso foi un parcial de 28 a 10 onde deixaban o partido case sentenciado, polo marcador (42 a 20) e polas sensacións dos dous equipos.

A segunda parte no tivo historia, minutos nos que os adestradores locais, Alberto e Jordi, deron minutos a toda a plantilla e onde so houbo que lamentar a aparatosidade da lesión de Marcos, cun forte golpe na cabeza, un pequeno susto para a parroquia local.
O próximo partido sera o mércores as 22:15 coma visitantes en Culleredo.

 

Sénior Masculino, xornada 2

  • Resultado: Calvo Basket Xiria - Baloncesto Cambre (61-64)
  • CALVO BASKET XIRIA: Javi Argüelles (7,1t), Peli Esmorís (20,1t), Manu Rey (6), Roi (2), Moreira (10,2t) – Equipo inicial – Fernando Mariño, Rubén Cristóbal, Guillamet (9), Andrés Puente, Fran Cristóbal (4), Luis Gómez (4).
O Basket Xiria venceu ao Cambre-Foto-Juan Carlos Pombo O Basket Xiria venceu ao Cambre-Foto-Juan Carlos Pombo

Debutaba na casa o Xiria cunha boa entrada no Vila de Noia, e ante outro dos equipos chamados a estar na zona alta. Foi un choque emocionante, que só se decidíua nos últimos segundos, gracias á sobriedade nos últimos segundos de xogadores novos como Andrés Puente e Fernando Mariño.

 

2ª División Sénior Feminina, xornada 1

  • Resultado: Vázquez y Reino Básket Xiria - Zabba Zapatería Otero Caritón (42-36).
  • Parciais: 11-13, 07-05, 12-06 e 12-12.
  • Vázquez y Reino Básket Xiria: Iria, Ana (4), Silvia (16), Sara (8), María (4), Estela (4), Lola (2), Irene (2), Alba, Andy (2) e Lucía.
O Basket vazquez y reino debutou

As sénior carballesas estreaban a segunda temporada da súa historia con vitoria, ante outro dos equipos que deben estar arriba. Foi un choque cheo de imprecisións, perdas de balón e erros no tiro. Comezaba mandando no marcador o cadro compostelán, ante os nervios das de Javi Varela, que chegaban empatadas ao descanso.

Mellorou en defensa o equipo verde, e permitiu alcanzar unha vantaxe de 6 puntos que se mantivo ata o final do choque.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios