O DeporCampus de Zas quere volver ser o máis numeroso da provincia
09:41 16/05/18
O acto estivo presidido polo coordinador das Escolas Municipais e do Deporcampus en Zas, Manolo Corredoira; o director dos Deporcampus, Pablo Barros; o alcalde de Zas, Manuel Muiño; e o concelleiro de deportes do Concello de Zas, Oscar Lema.
O Auditorio do Concello de Zas, acollía a presentación do II Deporcampus de Verán que se desenvolverá en Zas, nas instalacións do Pratas Reionoso de Baio. Uha cita que se combina co Deporcampus do Conco.
Pablo Barros destacou o celebrado o pasado ano, que dixo "foi o mellor de todos os que se levaron a cabo tanto en Galicia como o de Suiza, polo número de asistentes e a gran acolleita”. Como novidade, ao final do campus, tres pícaros, a elixir polo coordinador e os técnicos que asistan ao curso, poderán asistir e traballar un día nas instalacións do Deportivo cun dos equipos de base da entidade blanquiazul, ademais de recibir diferentes detalles do Deportivo e poder asistir en Riazor a un encontro do equipo deportivista.
Manuel Muíño, ao que Pablo Barros fixo entrega dunha bufanda e un banderìn do RC Deportivo, destacou "que o ano pasado fomos pioneros en facer un campus destas características co Deportivo na Costa, e este ano esperamos repetir o éxito da pasada edición, pero sobre todo que os nenos gocen dunha semana de fútbol nas instalacións do noso Concello”.