O Dumbría, a un paso de ter 3 equipos en Liga Galega por primeira vez
Pode culminar o Dumbría unha gran temporada na base. O único borrón, o dos cadetes, que sufriron un descenso, pero, hai que dicilo, dende o máximo nivel da categoría. Xogarán en Liga Galega os cadetes o vindeiro ano, igual que os Xuvenís, que este curso fixeron un papel excepcional.
Doutra cor deberíamos tildar a temporada dos infantís de Pablo Conde e David Carreira. Por agora, un título de Liga inapelable, con 21 vitorias en 21 partidos, un título da Copa da Costa con unha soa derrota; e unha fase pendente de poñer a guinda a este temporadón cun ascenso á Liga Galega.
Nas eliminatorias de campións só a mala sorte dos penaltis privounos de ascender directamente. Agora e tras superar duras eliminatorias ante O Pino e o Polvorín, afronta co Boiro o soño de volver á categoría autonómica. Na ida, na Barraña, os dumbrieses conseguiron un importante empate a 1, cun gol do ceense Álex Sendón, un dos motores deste equipo xunto a Lucas Toba, e iso que xogaron menos de 24 horas despois da final da Copa.
O muxián Lucas Toba, un dos motores do Dumbría en Boiro-Foto-Marta CoronillaA volta será este sábado ás 19:30h no Conco. A clave será saber aproveitar as ocasións, porque ante tal igualdade eses pequenos detalles poden ser decisivos. Os locais intentarán levar o dominio do balón (o Boiro sofre máis defendendo atrás) e marcar un ritmo intenso, para o que chegarán ben fisicamente pois será a primeira fin de semana cun só partido dende hai case dous meses.
Lamentablemente o gran partido coincidirá coa Final da Copa da Costa, que celebra uns quilómetros máis ao norte, no Pino do Val, á mesma hora. En todo caso, medio Dumbría aupará aos seus para conseguir ter 3 equipos nas Ligas Autonómicas pro primeira vez na súa historia.
A Gala do Fútbol da Costa
- Os 100 Candidatos aos Mellores do Fútbol da Costa 2015/2016.
- Álex Pombo e Abdoulaye protagonizarán os momentos emotivos da Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Todo en marcha para a Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- Mazaricos acollerá a III Gala do Fútbol da Costa-QPC.
O Congreso de Adestradores
- Un congreso en Carballo para profesionalizar o Fútbol galego.
- O máis selecto do fútbol estatal, en Carballo.
Novas relacionadas
- Copas Base: Fisterra e Dumbría amosaron o seu poderío.
- Crónica do Ascenso do Zas: Xustiza e gloria para o Zas.
- Sofán, Outes e Cee, campións da #CopadaCosta de F8.
- Crónica do ascenso á Preferente do Sofán: 1ª Autonómica: Pelotas de aceiro e de Preferente.
- Crónica da Permanencia do Xallas: Preferente: Querido Santa Claus….
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- 3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Artigo de Guillermo Parga do título do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso do Montelouro.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])