O Dumbría prescinde de José Canosa


Finalmente, os malos resultados puideron con José Canosa. Pero esta xeira de 5 derrotas consecutivas e 8 partidos sen gañar (situado en postos de descenso) obrigou á directiva, pouco amiga de facer cambios, a tomar a decisión de prescindir de José Canosa como adestrador do Dumbría da Preferente.
O míster fisterrán, ata o ano pasado tamén director deportivo do club, deixa así o equipo dumbriés tras estar á fronte dende a tempada 2009/2010, cando substituía a Floreal a metade de campaña.
Foi este un ano atípico en Dumbría, despois da estampida de moitos dos xogadores que o ano pasado cambiaran o verde e laranxa xalleiro pola branca dumbriesa. A marcha de xogadores tan importantes como os Jota, Doro, Aarón López... obrigou a Canosa a tirar da canteira, facendo algo que leva o club desexando facer durante todos estes anos. Pero lo de pronto, a mocidade do plantel non se traduxo en bos resultados.
Así o decidía esta mañá de luns o presidente José Manuel Pequeño, xunto cos directivos Manolo López e Raúl. Prantéxase agora a directiva quen collerá o timón, unha vez que na casa xa ten xente ben preparada para asumir o reto de manter o equipo na categoría.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).