Luns. 09.09.2024
El tiempo

O Dumbría xa ten calendarios da División de Honra Cadete e Liga Galega Infantil

O Dumbría xa ten calendarios da División de Honra Cadete e Liga Galega Infantil

Este ano tamén imos facer un completo seguemento dos dous equipos dumbrieses nas categorías autonómica. Xa temos en www.futboldacosta.com os calendarios da División de Honra Cadete e da Liga Galega Infantil, nas que o Dumbría será o noso único responsable.

Un par de Ligas que este curso serán patrocinadas por Aluminios Dumbría, a Carpintería especializada en Aluminio e PVC dende 1990.

Os Cadetes arrincan contra o Deportivo

O Dumbría arrinca esta campaña na máxima división da categoría Cadete cun premio, xogar, coma o pasado outubro, contra o Deportivo no Conco. Esa primeira cita dos de Juan Purrúa e Joaquín Quintáns será o 13 de setembro, e a competición, cos 18 equipos da categoría (ademais do Dépor terán en fronte ao Celta, Pontevedra, Coruxo, Ourense, Lugo, Racing de Ferrol…) non parará ata o 9 de maio.

Polo medio haberá xornada doble os 6 e 8 de decembro, unha semana de parada polo Nadal, e por Semana Santa, a fin de semana do 25 de abril.

Os Infantís, a seguir medrando

Afrontan sós este curso os dumbrieses tralo descenso do XSC. O equipo contará ademais cun novo membro, o segundo adestrador será Huelvis, unha referencia en materia de fútbol base na Costa da Morte tras moitos anos de gran traballo en Santa Comba. Un Huelvis que fará ademais de adestrador de porteiros para todas as categorías inferiores.

Seguirá Pablo Conde á fronte dun equipo que afronta unha competición con 20 equipos (o ano pasado eran 22), unha soa volta e despois unha Liguilla polo Título entre os 10 de arriba e outra Liguilla por evitar o Descenso entre os 10 de abaixo. O obxectivo será colarse na liga dos mellores, pois o cadro dumbriés quedou a piques de meterse.

A temporada arrinca o 19 de setembro en Conxo.

Máis información

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios