Martes. 10.09.2024
El tiempo

O Dumbría xogarase no Conco o ascenso á Liga Galega Xuvenil

O Dumbría xogarase no Conco o ascenso á Liga Galega Xuvenil
11 do Dumbria Xuvenil en Pedra Queimada

Fin de semana completa para a familia do Dumbría, que se pode culminar a vindeira semana cun histórico ascenso. Dumbría foi Campión da Copa da Costa, Campión da Copa da Costa de Veteranos, e acolleu a Gala do Fútbol da Costa - QPC. Ademais, o equipo xuvenil acadaba un empate a 0 no campo do Val do Ulla na última eliminatoria da Fase de Ascenso á Liga Galega, polo que serán os 90 minutos do Conco os que decidan se a familia do Dumbría teña 3 equipos o vindeiro ano na máxima categoría, despois das permanencias do equipo Infantil en Liga Galega e do cadete na División de Honra.

Un ha situación que demostra por que o Dumbría levou o Premio ao Fútbol Base na Gala, e demostra tamén o gran traballo de dous fenómenos da dirección como son Diego Lobelos e Óscar Leis.

Val do Ulla - Dumbría (0-0)

  • DUMBRÍA: Iván, Roberto, Maikel, Cabana, Jano, Lucas, Canario, Adrián, Juan de Dora, Edu e Javi. Tamén xogaron: Martín, Marcote, Pablo e Charly.

Non é malo o resultado para o equipo dumbriés se ben os nosos puideron ter traído máis renda. I é que ao longo do partido as mellores ocasións foron para os visitantes.
Na primeira metade tiveron 3 boas ocasións para romper a igualada, pero Javi e Juan de Dora fallaron en sendas xogadas, e Edu lanzou o pau unha fermosa falta. Por bando local só chegaban con ocasións a balón parado, propiciadas polas numerosas faltas sinaliadas polo colexiado.

Na segunda, máis do mesmo, de novo as mellores ocasións foron do cadro costeiro, destacando as Marcote e Martín como as máis claras. Tivo neste segundo tempo que empregarse Iván nunha acción tamén para atallar un disparo dos locais pero non pasou apuros o meta dumbriés.

Fútbol base

A Gala do Fútbol da Costa – QPC

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios