Martes. 14.05.2024
El tiempo

Fútbol Base: O Dumbría poderá ter 3 equipos en Liga Galega

Fútbol Base: O Dumbría poderá ter 3 equipos en Liga Galega
O Dumbria Infantil celebrando a permanencia na Liga Galega

Se ben parece que o Cee infantil despediuse do soño do ascenso, a fin de semana foi moi positiva para a familia do Dumbría. I é que por un lado, o cadro infantil certificaba a permanencia na Liga Galega, e polo outro, o equipo xuvenil deu un paso máis na Fase de Ascenso.

Ademais, remataron as Ligas Biberóns Norte, cun Cabana doble campión, polo que xa temos todo listo para a I Copa da Costa de Biberóns.

Fase de Ascenso Xuvenil, ida das Semis

  • Resultado: Viveiro - Dumbría (0-1).
  • DUMBRÍA: Iván, Roberto, Portu, Cabana, Jano, Yeray, Martín, Adrián, Juan de Dora, Edu e Javi. Tamén xogaron: Oli, Mauro, Lucas, Kevin e Charli.
  • Gol: 0-1, min.75: Juan de Dora a pase de Lucas.

Grandísimo resultado do cadro dumbriés nestas semis da Fase de Ascenso colleitado en Viveiro. A pesar das baixas de David, Duarte, Canario, Pablo, Marcote e Maikel, habituais titulares, o cadro costeiro fixo un gran partido, no que os dous equipos dispuxeron de moitas ocasións. Foron protagonistas os porteiros sendo Iván un dos grandes destacados do partido.

O Viveiro demostrou ser un gran equipo, facendo un xogo moi trenzado, moi bonito, e a calor e as grandes dimensións do campo facían que aparecesen ocos nas dúas defensas. Tanto Javi como Juan de Dora tiveron varias ocasións claras.
Foi o propio Juan de Dora, a falta de 15 minutos e tras un bo pase de Lucas, o que puxo o 0-1 que encarrila a eliminatoria para os nosos.

Aínda terá que superar esta eliminatoria, e outra máis, o cadro de Diego Lobelos e Óscar Leis, para acadar o ascenso, pero dende logo, o que están facendo é histórico.

O Dumbría Infantil mantén a categoría

Os infantís de Pablo Conde do Dumbría satisfeitos coa Permanencia na Liga Galega

Só podemos felicitar aos de Pablo Conde polo duro traballo realizado nesta dificilísima categoría con unha primeira liga dunha volta entre 22 equipos e logo unha liga por evitar o descenso. O cadro de Conde comezou moi ben a campaña pero pouco a pouco foi perdendo fol e tivo que esperar ata a última xornada para certificar a súa permanencia.

Felicitamos a todo o plantel: Ismael, Alberto e Adán (porteiros), Kike, Sergio, Sebastián, Xabi, Esteban, Gerardo, Jose, Jonhy, e Fran (defensas), Mario, Adrián, Xulián, Ezequiel (medios), Unai, Brandón, Ángel, Hugo Insua e Evaristo (dianteiros). Aos que temos que sumar os alevíns, por certo, campións do Sur, que tamén participaron co equipo infantil: Xa, Alberto, Berto e Brais.

Xuv. Oroso - Dumbría (0-1)

  • DUMBRÍA: Isma, Kike, Xabo (Sergio), Gerardo, Jose, Esteban, Mario (Fran), Adrián, Brandón (Ángel), Ezequiel (Xan), e Unai.
  • Gol: 0-1, min.20: Brandón; 1-1, min.52.
Gol de Brandon para o Dumbria Infa

Chegaba o Dumbría a esta última xornada coa soga ao pescozo, e tiña que, alomenos, empatar ante o rival directo, un Xuv. Oroso que levaba varias xornadas en postos de descenso e que vía o milagre na visita do Dumbría. pero os costeiros souberon aguantar ben o partido e tiveron a sorte de cara co gol inicial de Brandón, que fixo moito dano aos locais.

Comezou pegando na sgeunda o Oroso, cun empate que abría as portas do partido, pero o Dumbría soubo manexar os tempos e aguantar un empate que vale unha salvación.

O Cee Infantil cun pé fóra

Cee-Rayo Sadense infantil-Foto-Jose Cambeiro
  • Resultado: Cee - Rayo Sadense (0-3)
  • CEE: Carlos, Jose (Anxo, min, 70), Borja, Angel, Jon, Martin, Fabio, Álex López, Martín (Carlitos, min.66), David (Leo, min.64) e Luís Lojo.
  • Goles: 0-1, min.35; 0-2, min.65; 0-3, min.70.

Mal partido ceense ante un rival que pese a non ser mellor deixo case sentenciada a eliminatoria e que puido irse cun resultado máis abultado pero un enorme Carlos frustou as ocasións sadenses nos ultimos momentos de partido.

O primeiro gol visitante a 10 min para o descanso foi un duro golpe para un Cee que non conseguía enlazar entre os seus dous xogadores mais destacasos Fabio e Luís Lojo. Na segunda metade os de Carlos Pazos apenas inquedaron a portería rival e viron como o Rayo con dous novos goles puña un difícil 0-3 para a volta.

Cee-Rayo Sadense infantil-Foto-Jose Cambeiro

Lista a I Copa da Costa de Biberóns

Cabana doble campion nos Biberons E esta fin de semana decidíronse as Ligas Benxamín e Alevín Norte que determinarán ademais os finalistas na I Copa dos Biberóns. Así que xa temos os 8 equipos de cada categoría que estarán o día 21 en Outes. Ademais, temos campións do Norte, e foi o Cabana o campión de Alevíns, a pesar de ter que descansar esta xornada, aproveitándose da derrota do Vimianzo ante o Coristanco. Un Coristanco ao que lle valeu a vitoria para meterse na Fase Final da Copa. Con Cabana e Coristanco tamén estarán na Final de Copa Alevín, Vimianzo e Corme, que se enfrontarán aos 4 primeiros do Sur, o campión, Dumbría, cos Fisterra, Outes e Os Miúdos A. Ademais, en Benxamíns, no Sur xa estaban listos, o campión Outes, e os Fisterra, XSC A e Os Miúdos A. Agora, co título do Cabana listo dende hai varias xornadas, estarán en Outes o Sofán, o Corme e o Coristanco.

Fútbol base

Máis información

Crónicas da semana

Novas da Gala do Fútbol da Costa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios