Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Fútbol Base: O Dumbría, a 180 minutos da Liga Galega

Fútbol Base: O Dumbría, a 180 minutos da Liga Galega
Dumbria de Liga Galega-Foto-Santi Diaz

Non puido o Cee Infantil. Xa parecía a cousa sentenciada tralo 0-3 da ida e o Rayo Sadense non dou opcións ao cadro ceense e endosoulle un set que non emborrona a grandísima termporada do equipo de Carlos Pazos.

Pero o que si deu un paso adiante foi o Dumbría, que segue con grandes opcións de ter 3 equipos en categoría autonómica o ano que vén. Os Xuvenís de Diego Lobelos e Óscar Leis seguen facendo historia, cun ano inmellorable. Xa sacaran un 0-1 de Viveiro e este sábado no Conco completaron o pase cunha goleada, que os deixa a 180 minutos do ascenso.

Dumbría - Viveiro (3-0)

  • DUMBRÍA: Iván, Roberto, Maikel, Cabana, Jano, Yeray, Canario, Adrián, Juan, Edu e Javi. Tamén xogaron: Martín, Lucas, Marcote, Mauro e Charly.
  • Goles: 1-0, min.20: Juan de Dora aproveira o rexeite do porteiro a un disparo de Javi; 2-0, min.55: Juan de Dora de cabeza; 3-0, min.80: Martín.
Gol de Juan de Dora-Foto-Santi Diaz

Gran ambiente no Conco para ver como saía moi ben de inicio nuns grandes primeiros 20 m que puideron sentenciar pero só acertaron nunha que tras disparo de Javi e rexeite do porteiro Juan de Dora fusilou. No final da primeira parte eles chegaron un par de veces pero Iván resolveu ben.

A volta da caseta mesmo guión. O Dumbría creando varias e outra vez Juan de Dora desta volta de cabeza facia o 2-0.

A partir de aí control foi para o equipo visitante e o Dumbría aproveitando os espacios puidemos marcar algún tanto máis. As súas mellores ocasións desfacianas ou ben a defensa ou Iván. E a puido do final Martín facía o 3-0 deixando aos dumbrieses a 180 minutos da Liga Galega Xuvenil. Dumbria de Liga Galega-Foto-Santi Diaz

Máis información

Fútbol base

Novas da III Gala do Fútbol da Costa

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios