![sito-alonso-pequebasket-carballo-2018]()
O adestrador de varios equipos de baloncesto da liga ACB estará no torneo que se celebra en Carballo o vindeiro 17 de maio
O adestrador de baloncesto
Sito Alonso estara presente na
VI edición do día do Pequebasket que se celebra en Carballo o vindeiro 17 de maio.
Sito entrenou a equipos como o Barcelona, Baskonia, Bilbao, San Sebastián e Joventut de Badalona - todos eles en ACB -. A Carballo virá acompañado de Óscar Lata - axudante de Sito Alonso e ex adestrador do Xiria -.
Xunto con eles estarán tamén Blanca Millán, xogadora da Universidade Main da liga universitaria americana - e a madriña do evento - Isa Sánchez - que foi ex capitana da selección española de baloncesto e actualmente é adestradora axudante.
A
Escola Basket Xiria - organizadora do evento - espera reunir a preto de 600 nenos/as e, en consecuencia, a 600 familias que compartirán unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Na organización colaboran outras institucións como o concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto ademais de varias empresas e entidades.
Novas relacionadas
Fonte
- Redación QPC (info@quepasanacosta.com)
- Escola Basket Xiria