O Ézaro acolleu un novo Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo
Esta pasada fin de semana a activa praia do Ézaro convertíase no centro do Socorrismo e Salvamento de Galicia. O Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo nas categorías alevín, infantil e cadete, xuntaba a 220 deportistas de 10 clubs de toda Galicia no areal dumbriés nunha xornada soleada.
Aí estiveron participantes dos C. Sysca, C.A. Umia, C. Salv. Y Soc. SAPO, Club SAL, Club Natacion Cerceda, Salvamento SASA, Salvamento Arteixo, Salvamento A Estrada, Salvamento Vilagarcía e Salvamento Ourense.
Os campións por equipos foron os sadenses do Club SASA, con 1055 puntos, polos 745 dos carballeses de Sysca. Completou o podio Vilagarcía, que sacou pouca vantaxe a Arteixo.
En canto a nomes, en Alevíns destacaron Aitana Fdez. Marzoa, Enya Rumbo Bueno e Celia García Boquete (todas do SASA), e a primeira do Sysca foi sarai Puga. En homes alevíns Yago Vicente (Vilagarcía) superou a Rodrígo Rodríguez (Cerceda) e Nicolás Mosquera (SAL).
O podio cadete estivo formado en categoría feminina poir Lúa Cubiella (Umia), Marta Troitiño (Umia) e Ángela López (Vilagarcía); e en chicos por Xoel Lorenzo (SASA), Alejandro SUárez (Cerceda) e Roberto Muíños (SASA).
E para rematar, en Infantís Aroa Suárez (Vilagarcía), Laura Carracedo (Umia) e Amaia Vidal (SASA) foron as mellores en féminas; e Alejandro Chacón (SASA), Manuel González Carballal (A Estrada) e Habriel Rodríguez (Sysca) en homes.
Campionato Galego Salvamento e socorrismo no Ézaro-Foto-Jorge Castro Campionato Galego Salvamento e socorrismo no Ézaro-Foto-Jorge Castro Campionato Galego Salvamento e socorrismo no Ézaro-Foto-Jorge CastroNovas relacionadas
- Verán 2016: O Campionato Nacional de Socorrismo trouxo a Laxe deporte, valores e economía.
- Cando a cultura e o deporte se convirten en motor económico.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).