mércores. 04.12.2024
El tiempo

O Fisober de Autonómica suma e segue pero os árbitros non deixan avanzar ao Ponteceso FSF

O Fisober de Autonómica suma e segue pero os árbitros non deixan avanzar ao Ponteceso FSF
Esta semana só houbo dous encontros de fútbol sala feminino na Costa, xa que o filial do Fisober aprazou o seu choque na Liga Provincial por mor das baixas. Pola súa banda foi moi positiva e contundente a vitoria conseguida polas rapazas do Fisober da Liga Autonómica ante o 4º clasificado, o Concello de Mos por 2-7. No tocante ao Ponteceso FSF, as de Barca caían ante Fermiordes por 3-0, nun encontro disputado no que actuación arbitral impediu que as pontecesás sumasen os seus primeiros puntos na categoría.

Datos do encontro da Liga Autonómica

  • Resultado: Concello de Mos, 2 - Fisober C. Vimianzo, 7
  • Fisober C. Vimianzo: Paula (p), Elsa, Patri, Ana e Olalla. Tamén xogaron: Alba, Andrea e Noelia.
  • Goles: 1-0 Sara; 1-1 Elsa; 1-2 Alba; 1-3 Ana; 2-3 Vanessa: 2-4 Elsa; 2-5 Patri; 2-6 Andrea; 2-7 Noelia.
Merecida vitoria do Fisober en terras viguesas ante o 4º clasificado. Contaba o equipo vimiancés para este partido cas baixas de Eva e Barca pero demostraron que aínda así poden derrotar a calquera. O partido comenzaba vibrante e co Fisober buscando a vitoria desde o inicio ainda que o primeiro gol subiría no casillero das viguesas. O gol en contra fixo que as xogadoras de Fran e Chans dominaran ainda mais o partido e encerraran ás de Mos no seu campo chegando asi a empate, obra de Elsa e a remontada antes do descanso cos goles de Alba e Ana. A segunda parte empezou cun Fisober dormido deixandose dominar polo equipo local e ca inesperada aparición abitral que sinalou cinco faltas en poucos minutos facendo que o equipo visitante recurtara distancias no marcador, foi ahí cando apareciu a muxiana Patri que cunha ruleta ó estilo Zidane e un cano desfixose de duas xogadoras e doulle en bandexa o gol a Elsa que significaba o 2-4 , acto seguido noutra xogada parecida colocaba o 2-5. Nese momento os árbitros decidiron nivelar as forzas pitando varias faltas inexistentes a favor do Fisober o que fixo que aumentaran a renda no marcador cun doble penalti que anotaba a xogadora do equipo B Noelia. Andrea anotaría o definitivo 2-7 despois dunha gran xogada individual de Ana.

Vindeira cita

A vindeira semana o Fisober C. Vimianzo recibe o Carballiño FS antepenúltimo clasificado con 6 puntos.

Liga Provincial

Mala sorte para o equipo pontecesán, no encontro da 11ª Xornada da liga Provincial Feminina. Xa que aínda tendo moitas baixas (10), deixou moi boa imaxen no partido, e si non fora pola pésima actuación do colexiado D. Manuel Vázquez Illodo, do colexio de Santiago, que tamén cabe destacar que ata sabía o nome de pila de tódalas xogadoras locais, seguro o resultado sería moito máis apretado.
  • Resultado: Femiordes, 3 - Ponteceso FSFS, 0
  • Concello de Ponteceso F.S.F.- Salomé, Silvia, Cris Santos, Chris e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron Ana, Mónica, Marta e Tamara.
  • Goles: 1-0 (min. 20) Lorena. 2-0 (min. 41) Lorena. 3-0 (min. 47) Alba.
Bó partido do equipo pontecesán, pero volta cun gran enfado pola actuación arbitral. O equipo local realizou múltiples e duras entradas ás xogadoras de Ponteceso, deixándoas actuar así o árbitro da contenda, que por si non fora pouco, cargou ó equipo da vila de Pondal con, nada menos, que 5 tarxetas amarillas, sen facer ningunha entrada nin parecida ás das xogadoras do Fermiordes. Ademais, houbo unha xogada na que o colexiado foi deterninante: nunha xogada de ataque pontecesán, que para un tiro a bocaxarro a porteira ordense mandando ó balón a corner, cando as xogadoras do Ponteceso ían a sacalo corner, o árbitro pita saque de porta, o que as pillas xogadoras do Fermiordes sacan rápido estando o Ponteceso descolocado e remataría a xogada en gol local, moi protestado polo banco Pontecesán. Nestas protestas o árbitro do partido saca tarxeta amarela ós entrenadores Barca e Curro, e nin facendo caso ó seu mesa que lle dí que estaba trabucando. No meramente deportivo, a primeira parte foi un toma e daca constante entre os dous equipos, con varias ocasións en ámbalas duas porterías. O marcador só se movería no min. 20 nunha boa xogada personal da Ordense Lorena (a mellor xogadora do partido). Xa na segunda parte, o Ponteceso adiantou ás líneas facendo unha forte presión a todo o campo, o que lle fixo ter varias ocasións para empatar, pero cando non eran ós paos, era a porteira local, e cando non era o árbitro coas súas decisión que acabou desquiciando as xogadoras visitantes. Na xogada polémica anteriormente citada chegaría o 2-0, alá polo min. 41 e despois de intentar sacar un corner as pontecesáns, o árbitro trabúcase, e saen soas 3 xogadoras locais, chegando diante se Salomé, que aínda parou o primeiro disparo, pero non puido co rexeite. Case no final chegaría o definitivo 3-0, tamén nun rechace de Salomé a un forte disparo, que a local Alba metíu dentro da portería. Cabe destacar a boa actuación de Salomé, a cancerbeira do Concello de Ponteceso que fixo varias paradas de moito mérito, evitando así unha derrota máis abultada.

Vindeira cita

A vindeira semana, o Concello de Ponteceso recibe A Salina Xuventude de Esteiro, outro derbi da Costa da Morte que se xogará no municipal de Ponteceso o vindeiro sábado 18 de decembro.

Fútbol 11 liga nacional

O Orzán de Barca Toba, Sara Vázquez e Eva Lago derrotaba a domicilio o CD La Braña asturiano por 0-2, os goles erán anotados por Mirian e a muxiana Barca.

Máis información

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS.

Comentarios