Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Fisober intenta sentenciar a polémica sobre o seu traslado a Dumbría

O Fisober intenta sentenciar a polémica sobre o seu traslado a Dumbría
fisober fsf Novo capítulo sobre a decisión do Fisober de trasladar a sede do seu clube ao concello de Dumbría. Falan agora dende o clube, a través do seu presidente Francisco Toba Suárez, co fin de "aclarar e zanxar a polémica que se está creando sobre a decisión do traslado". Segundo informan nun comunicado de prensa, o clube Fisober FSF comunicoulle persoalmente ao técnico de deportes do concello de Vimianzo a súa decisión o pasado 29 de abril. Días máis tarde, concretamente o 11 de maio, remitiron unha carta a alcadía informando sobre a decisión tomada. "Nos sorprende e nos desvinculamos de toda noticia e actos posteriores ó envio da carta de comunicación do traslado" indican dende o Fisober. Baile de cifras O concello vimiancés aseguraba - nun comunicado de prensa emitido - onte descoñecer as causas do traslado e afirmaba que as arcas municipais destinaran nos últimos catro anos uns 30.000 euros ao clube de fútbol sala. Precisamente é neste punto onde o Fisober quere aclarar as subvencións recibidas que, segundo o clube, foron por un total de 15.252€ (3252€ no ano 2012; 3395 no ano 2013; 4105€ no ano 2014; 4500€ no ano 2015). "En canto a diferencia ata os 30.000, que se di haber destinado o clube en concepto de: salarios conserxes, mantenemento instalacións, gasoil de vehículos (entendemos que fai referencia a vehículos do concello, posto que o gasoil dos coches usados polo Fisober é un coste que asume o clube) evidentemente non podemos entrar a valorar, confirmar nin desmentir esta cifra pois descoñecemos o gasto que suporía para o concello o facer uso das instalacións para adestrar unha tarde á semana e o seu correspondente partido semanal durante os meses que dura a tempada" indican dende o Fisober. A toma da decisión Dende o Fisober recoñecen que non se reuniron cos membros do goberno vimiancés para plantexarlle alternativas antes de tomar a súa decisión. Algo que recrima o concello de Vimianzo no seu comunicado. "Esto responde a que como usuarios da instalación deportiva municipal non somos quen para obligar ó concello a subsanar unhas deficiencias evidentes, das cales xa teñen constancia, presentes durante os últimos anos, que nos obligaron a suspender adestramentos, a trasladar partidos a outros pavillóns o mesmo día porque a pista non permitía xogar e non cabía a posibilidade de suspender o partido, xa que os equipos visitantes desplazábanse dende outras comunidades autónomas" xustifícanse dende o Fisober. Segundo o clube de fútbol sala, estas deficiencias causáronlle "importantes molesias" e foi unha situación que se repetiu en numerosas ocasións nos últimos catro anos. As causas do traslado No seu comunicado de prensa, o Fisober fala sobre as causas que os levaron a trasladar a súa sede ao concello de Dumbría. "O traslado débese en parte a que sempre que lles solicitamos o uso das instalacións mostraron unha total colaboración, dándonos sempre todo tipo de facilidades, e cando xurdiu calquer tipo de problema -similar o que ocurre en Vimianzo ca condensación da pista - aportaron solucións sin que fose necesario solicitarlle nada, solucións que benefician non so o clube ó que representamos, senón á práctica deportiva de todas as escolas que alí adestran" sinalan dende o clube de fútbol sala feminino. Asimismo, puntalizan que "non nos deixamos instrumentalizar politicamente por ninguén" e que na toma de decisión valoraron os pros e contras do traslado tendo sempre por diante o beneficio das xogadoras. E tamén aproveitan para agradecer o apoio recibido polos veciños e veciñas de Vimianzo, especialmente aos socios, colaboradores e afeccionados do clube.  

Crónicas da temporada Fisober

Outras novas do FSF

Fonte  

Comentarios