Martes. 11.08.2020
El tiempo

O Fisober non puido co campión de Liga

O Fisober non puido co campión de Liga

Gran partido o disputado en Pontevedra polo Fisober ante o actual campión de Liga, con moitas xogadoras que disputan asiduamente División de Prata, no cal se lle escapou un punto que quizais mereceu nos últimos segundos do partido.

Leis Pontevedra - Fisober C. Vimianzo (4-3)

  • FISOBER: Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca. Tamén xogaron : Myrella, Ylenia e Noelia.
  • Goles: 0-1 Patri, 1-1 Tamara, 2-1 Gema, 3-1 Gema, 3-2 Ana, 3-3 Patri, 4-3 M. Luz.

Non podía comenzar de mellor maneira o partido para Fisober unha contra excepcionalmente levada, acababa con gol de Patri e o partido de cara para as visitantes, que a partires destes momentos eran dominadas polo Leis pero saían en perigosas contras como a elas máis lles gusta.
O Leis tentaba respostar e os tres minutos tiña unha boa ocasión. No ida e volta constante quen respostaba agora á contra era Fisober nunha combinación levada por Patri e Ana que esta última non era quen de marcar.

As locais non se achicaban e seguían co dominio territorial e Tamara mandaba o balón o pau da meta defendida por Paula. Pero Fisober seguiu co seu xogo de contragolpe e Myrella tentabao dende lonxe, Ylenia atopabase co pau e de novo Ylenia vía como a porteira Irene se convertía nun muro infranqueable para as visitantes na busca de dous goles de renda.

Pero dende ese momento o dominio de Leis foi máis abrumador e case non deixou a Fisober seguir asustando e aproveitar eses perigosos zarpazos. Así a 8 minuyos para o final de novo Tamara buscaba o gol do empate. E ese gol conqueriuno a mesma Tamara a 4 e medio para o descanso e case sen tempo para repoñerse desta vez foi Gema quen adiantaba as pontevedresas e poñía en 30 segundas o 2 a 1 no electrónico.
O fin da primeira metade foi de zozobra para as visitantes que recibiron os dous goles seguidos. Así, dentro do último minuto Leis puido aumentar vantaxe por dúas veces seguidas, primeiro cun tiro cruzado e despois cun tiro de Begoña.

A volta do descanso foi como rematara o primeiro cunha ocasión desta vez para a local Natalia, e pouco despois a mesma Natalia case consigue aumentar distanzas. Unhas distanzas que si aumentaron cando Gema aproveito a súa oportunidade para poñer un desmoralizador 3 a 1 no marcador.
As visitantes lonxe de virse abaixo,trocaron as tornas do partido e respostaron case deseguido cunha ocasión de Noelia. Os roles cambiaran nestes momentos ahora era Fisober quen dominaba e Leis quen saía a contra. Nunha contra levada por Natalia case consigue o que podería ser a sentenza para o partido pero non fixo gol, e para máis inri a xogada rematou cunha escordadura de nocello da locataria. Entrandose así nuns minutos que case non aportaron ocasións para ningún dos equipos.

Despois da tranquilidade veu a tormenta e así foron uns últimos oito minutos trepidantes e vibrantes. Abríronse cunha ocasión para Noelia. Seguiron con dous tiros de Patri que foron enviados a saque de esquina por dúas intervencións espectaculares de Irene. Tamén o tentou Ana despois dun rexeite pero o balón parecía que non quería entrar.
O Fisober, a 6 minutos para o final conseguiu disfrutar dun dobre penalti no que Barca tampouco foi capaz de batir a infranqueable Irene. Pouco despois era de novo Ana a que non conquería reducir distanzas. Leis parecía afogado pero aínda así sacouse unha contra na que Andrea Ferron errou diante de Paula.

Seguía martilleando o cadro de Fran Toba e Ana xa desesperada atopábase de novo con Irene. A menos de 3 minutos para o final e despois de ir tanto o cántaro á fonte, o gol da esperanza chegou, pero non foi fácil nin así. Lanzou Noelía un dobre penalti que despexaba Irene no posterior rexeite de novo Irene freaba a Noelia pero o balón foi cara a perna de Ana quen casi sin querer reducía distanzas.

A esperanza chegaba a Fisober, cun Leis cansado, xa que algunha das xogadoras disputaran en Salamanca o partido de Prata do día anterior, Fisober tentou a igualada pero Barca non foi capaz de conquerila.
Pero si foi capaz Patri despois da mellor combinación en ataque do equipo quen fusilou a Irene e empataba o partido a un e medio para o final.

Aínda o destino tiña gardada unhas sorpresas para o desenlace, primeiro cando nun balón que se lanzou a despexar Patri a fortuna quixo que se quedara na pista e franco para que M. Luz devolvera a vantaxe o seu equipo o local a só 30 segundos do final e despois cando a 2 segundos do final o disparo de Noelia golpeou o longueiro e foise fora.

Vindeira cita

A vindeira semana o Fisober recibira ó Poio FS pontevedrés no pavillón Municipal de Muxía o domingo 16 de outubro ás 12:30h.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

comentarios