Sábado. 07.12.2019
El tiempo

O Fisober segue coñecendo a península... e ademais xa gaña

O Fisober segue coñecendo a península... e ademais xa gaña
A expedicion Fisober en Castro Urdiales

Este sábado en Castro Urdiales, o Fisober deu un novo pasiño na súa historia ó conseguir a súa primeira vitoria en 2º División Estatal, nun partido no que foi superior. Así, ademais de viaxar en familia, a expedición do Fisober xa sabe o que é voltar unha ducia de horas en autobús pero coa saca chea.

Na Liga Provincial, moi mal partido o do filial do Fisober, que posiblemente fixeron o peor partido nos últimos dous anos, que se veu superado en todo momento polas xoves xogadoras do outro filial o do Amarelle, que aproveitaron moi ben o balón parado para matar e levarse comodamente o partido.
Ademais, o Concello de Ponteceso FSF conseguía unha nova vitoria vencendo 1-3 ao Espartanas, mentres que a Esteirana caía 3-1 co Mabegondo.

2ª División Estatal, Grupo 1 xornada 4

Fisober-Flaviobriga
  • Resultado: FLAVIÓBRIGA - FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO" (4-7).
  • FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Olalla, Ylenia e Eva.
  • Goles: 1-0 Idoia, 2-0 Lorena, (descanso), 2-1 Patri, 2-2 Barca, 3-2 Lorena, 3-3 Barca, 3-4 Barca, 4-4 María del Carmen, 4-5 Patri, 4-6 Barca, 4-7 Barca.
As-mozas-do-Fisober-quecendo-en-Castro-Urdiales

Arrancou o partido con moito ritmo e xa no minuto dous a local Erika se presentou ante Paula que freou o man a man. As da Costa replicaron o momento e despois dunha combinación Barca erraba de maneira incomprensible baixo paus. Toma e daca constante e de novo Erika se topaba con Paula e para as do Fisober a ocasión era para Patri que vía como unha xogadora local sacaba baixo paus o seu remate. Despois duns cinco primeiros tolos o Fisober controlou un pouco máis si cabe o ritmo do partido.
Pero cando menos problemas pasaban as visitantes un balón longo foi rematado por Idoia de cabeza para o primeiro gol local os nove minutos.
Apretou aínda máis o Fisober e Patri casi empata os once minutos. Eso si as locais aproveitaban para saír a contra e Carolina se atopou con Paula .

O partido voltaba ó ida e volta do arranque, ocasións visitantes para Nuria e Myrella e resposta local freadas por Paula. E a tres minutos do fin da primeira metade un novo erro atrás do Fisober era aproveitado por Lorena para facer un inxusto dous a cero e case conseguen un terceiro que sería aínda máis inxusto. Parecía que a sorte daba novamente as costas o Fisober está tempada.
Camiño do fin do primeiro tempo Barca e nos últimos segundos Patri case reducen distancias pero a porteira local lanzábase a por todas para evitalo.

Na segunda metade o Fisober saíu en tromba e os dous minutos Patri ca esquerda facía o dous a un. Dominio total das visitantes na busca do gol e chocando contra o muro da porteira “castrenxe”, Nuria, Barca e Patri non eran quen de batila. Ata que os cinco minutos Barca remataba unha combinación do equipo para empatar o partido. Unha felicidade que pouco durou un minuto despois de novo Lorena adiantaba as locais , tocáballe o Fisober remar de novo.
Unha Lorena que case consigue de maneira inverosímil o cuarto para o seu equipo, un toque co calcaño como último recurso nunha xogada a balón parado foise o longueiro.
Ós sete minutos as locais cometían penalti, o cal transformou Barca para empatar de novo. O Fisober empuxaba cada vez máis. Mediada esta segunda metade Patri mandaba o pau.

Tanta intensidade fixo que os últimos dez minutos de partido as visitantes xogaran ca lousa das cinco faltas encima. Pero nese mesmo minuto Barca aproveitaba outra ocasión para facer o tres a catro e poñer as da Costa por primeira vez por diante no partido.
A tranquilidade era imposible neste partido, unha falta de Patri en ataque provocou un dobre penalti que María del Carmen transformou para igualar de novo a oito para o fin. A seis para o final Barca viu como a porteira local evitaba un gol que parecía cantado.
O que non poido evitar foi cando a falta de catro minutos Patri adiantaba de novo o Fisober. Pero seguindo o guión do sufrimento na tarde a falta de tres para o final as locais dispuñan de novo dun dobre penalti , outra vez cara a cara María del Carmen fronte a Eva, pero desta vez a porteira visitante adiviñou o lanzamento e mantivo as súas por diante, e a resposta inmediata foi o catro a seis de Barca, parecía preto xa a primeira vitoria.
Nos últimos minutos o Fisober defendeuse con firmeza e saíu a contra para redondear o resultado Barca co sétimo gol visitante e o seu quinto da tarde.

O remate do partido felicidade máxima no cadro visitante que vía por fin a recompensa o esforzo realizado.

Liga Provincial, xornada 3

  • Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – VIAXES AMARELLE B (1-4).
  • FISOBER B: Martina, Inés, Laura, Iria e María Maroñas; tamén xogaron: Cris, Natalia, Mónica e Noe.
  • Goles: 0-1 Sandra , 0-2 Patricia , (descanso), 0-3 Sara, 0-4 Patricia, 1-4 Inés.

Un partido que excepto o principio o control e o dominio foi total das visitantes que se adiantaron por mediación de Sandra e despois foi Patricia a que facía o cero a dous co cal se chegou o tempo de lecer. As locais eran incapaces de facer calquer tipo de combinación.

A segunda metade tivo o mesmo guión, no que o brazo executor do equipo visitante foron Sara e Patricia de novo as que marcaron os goles para o cero a catro. O gol da honra local fixo Inés.

Sinalar que a capitana do Fisober B, María se lesionou no quencemento despois das molestias que sufría, podería ter unha pequena rotura de fibras, e xa non disputou ningún minuto no partido.

Máis información

Crónicas da tempadas 2012-2013

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.

Comentarios