O Fisober segue facendo historia na Liga Autonómica
Escribe outra páxina na súa historia o Fisober ao colocarse como novo líder da Liga Autonómica Femenina. O cadro costeiro segue igualado a puntos co Marcón pero a goleada desta semana mellorou o seu average e chegarán como primeiras ao enfrontamento directo do vindeiro sábado en Vimianzo.
A familia fisober agarda que o pabilllón vimiancés sexa unha bombonera para recibir ao cadro do Marcón.
Na Liga Provincial, ademais do descanso do Fisober B, hai que destacar a derrota do Concello de Ponteceso FSF ante o Manureva, mentres que A Salina vencía 4-0 ao Mabegondo. Con esta vitoria as esteiranas seguen na 2ª praza 3 a 3 puntos do O Pino e con outros tantos sobre o Manuerava e o Viaxes Amarelle. Concello de Ponteceso e Fisober B seguen sen sumar.
Liga Autonómica
- Resultado: Mesón Río Ulla - Fisober (Concello Vimianzo" (11-1)
- Fisober: Paula, Ylenia, Noelia, Alba e Myrella ; tamén xogaron: Patri, Elsa, Ana, Barca, María, Eva e Nuria.
- Goles: 0-1: Alba, 0-2: Patri, 0-3: Barca, 0-4: Myrella, (descanso), 0-5: Nuria, 0-6: Alba, 0-7: Nuria, 0-8: Ana, 0-9: Elsa, 0-10: Patri, 0-11: Noelia, 1-11: Marta.
Saíu algo relaxado o Fisober sabedor de que se enfrontaba ao colista e así a local Ainoa tiña unha ocasión no segundo minuto. Un gol que recibiu resposta por parte da xogadora visitante Noelia. Mesón tentou sorprender a Paula e un tiro lonxano de Marta tocouna un pouquiño a porteira do Fisober para enviar o balón o longueiro.
Quizáis neste momento rematou a relaxación visitante e Ylenia tiña a opción de abrir o marcador aos cinco minutos. E só un minuto despois Myrella conectaba con Alba para poñer en vantaxe as de Fisober. Case de seguido era Myrella a que erraba no man a man con Alejandra.
Quen non errou foi Patri e os oito minutos despois dunha serie de paredes con Ana estableceu o 0 a 2. O Fisober tentaba aumentar ventaxa e Patri gozaba dunha ocasión coa correspondente resposta por parte da xogadora local Begoña.
Seguía petando o Fisober e os doce minutos Elsa case conseguía o 0 a 3, o igual que Nuria que se topaba co pau como enemigo. Un gol que si conseguía Barca quen a cinco para o fin deste periodo facía o terceiro gol visitante.
Cando parecía que se ía chegar o fin da primeira metade con ese marcador foi Myrella quen lograba o cuarto a poucos segundos de chegar o tempo de lecer.
Na segunda metade disparouse o marcador e xa no primeiro minuto Nuria facía o quinto. Case deseguido Alba tiña a súa opción para aumentar a ventaxa. Minutos despois non erraba e poñia o sexto no electrónico para as da Costa.
Dende aquí os goles foron caendo pouco a pouco,o séptimo era obra novamente de Nuria e o oitavo facíao Ana co calcaño.
O noveno era conseguido por Elsa e o décimo por Patri , cando aínda quedaba media parte ata o fin. Nese momento o Fisober puxo o freo de man e deixouse ir.
Aínda así houbo tempo para que un lanzamento de Noelia tocara nunha rival para ser o undécimo gol visitante e que a local Marta fixera o gol da honra elevando o balón por encima de Eva.
Cómpre destacar o debut de María en categoría Autonómica co Fisober.
Novas relacionadas
Máis información
- Resultados da Autonómica Femenina.
- Clasificación da Autonómica Feminina.
- Resultados da Liga Provincial.
- Clasificación da Liga Provincial.
Crónicas da campaña 2011-2012
- O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica.
- O Fisober no máis alto da Liga Autonómica.
- Un gol de Barca e a gran actuación de Eva na portería bastaron para superar ao Sada.
- Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa.
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
- Un novo reto para o Fisober.
- O Fisober busca novas xogadoras para ampliar a familia.
- Cee prepara os deportes de inverno e a Liga de Fútbol Sala.
Máis novas do Fisober
- O Fisober pecha a súa primeira tempada na Liga Autonómica nun meritorio 6º posto.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.