Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Fisober no máis alto da Liga Autonómica

O Fisober no máis alto da Liga Autonómica

Tocoulle madrugar o Fisober de Liga Autonómica para desplazarse o domingo de mañá o Pavillón de Bembrive, nos arrabaldes de Vigo. Visitaba o fogar dun dos filiales dos equipos de Prata o Fisober sabedor que debería estar atento xa que alí viña de caer un dos colíderes da clasificación. E así foi conseguindo unha importante vitoria que as iguala con outros tres equipos no máis alto da táboa.

Pola súa banda, na Liga Provincial, o filial do Fisober disputaba en Baíñas o seu segundo partido da temporada e colleitaba a súa segunda derrota ante outro dos favoritos o título. Pero as sensacións, a pesar do 1-9, foron positivas pois as costeiras melloraron a imaxe da primeira xornada e incluso chegaron con perigo nos primeiros minutos.
Pola súa banda, A Salina de Esteiro vencía ao Fame Negra por un solitario 1-0, que lle serve ás muradás para colocarse terceiras con 6 puntos. Segue sen sumar tamén o Concello de Ponteceso F.S.F. que esta fin de semana caía ante A Fervenza por 4-0. Así e todo, foi un bo partido xogado polo Concello de Ponteceso que, mantendo este ritmo e nivel de partido, pode dar sorpresas este ano.

Liga Autonómica

  • Resultado: BEMBRIVE – FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO" (0-4).
  • FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO“: Eva, Patri, Elsa, Nuria e Ana ; tamén xogaron : Noelia, Ylenia, Myrella e Olalla.
  • Goles: 0-1 Ana , 0-2 Ana; (descanso), 0-3 Nuria, 0-4 Nuria.

Comenzou o partido a por todas o Fisober e os dous minutos xa Patri tiña a primeira oportunidade clara de gol para as visitantes. Só un minuto despois era Ana quen marcaba coa esquerda a pracer o primeiro para as de Fisober despois dunha combinación de todo o equipo.
Non decaeu no seu empeño o Fisober e así Nuria era quen gozaba de dúas mágnificas ocasións para incrementar o resultado. E mediada a primeira metade foi Noelia a que tiña a súa opción.
Pouco despois tiña a súa primeira ocasión clara o equipo local de Bembrive por mediación de Sara a mellor xogadora por parte local.

Fisober respostou cunha dobre ocasión de Myrella, a primeira cun lanzamento que despois do rexeite da porteira foise despaciño o pau pero a deusa fortuna non quixo que entrara. E case de seguido de novo Myrella vía como outro lanzamento seu non acababa no fondo das redes. Desperdiciaba ocasións Fisober co medo que esto lles supuña do famoso refrán o que perdoa…
E o susto levárono cando a tres para o intermedio unha xogada de saque de esquina de estratexia remataba co balón lanzado pola visitante Lara no pau da portería de Eva.

A resposta foi cando nunha contra Elsa dispuxo dunha boa ocasión pero a porteira moi atenta case non lle deu opción de disparo. As locais non se rendían e foi de novo por parte da bulliciosa Sara por quen buscaron a igualada.
Cando parecía que todo remataría asi, Ana loitou ata o final un balón e o despexe da porteira pegou no seu corpo e poñía dous goles de vantaxe para as da Costa.

A segunda metade foi máis contemplativa, cun Fisober buscando máis a contra. Aos tres minutos foi Patri quen se topou co pau na súa búsqueda do gol. E como non a resposta local por parte da mesma, de novo Sara.
Noelia tiña a súa opción pouco despois pero atopouse ca porteira. Así transcurría esta segunda metade ca incertidume do corto do marcador para Fisober. Cando a seis para o final Bembrive decidiu adiantar liñas e sacar porteira-xogadora, algo que defendeu ben o equipo visitante e máis cando a catro para o final Nuria roubaba un balón e conseguía o tranquilizador terceiro gol.

As locais perseveraron ca porteira-xogadora e de novo Nuria rapiñaba outro balón para o definitivo 0-4 xa no último minuto.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – O PINO (1-9).
  • FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO“: Catti, María, Tamara, Inés e Myrella ; tamén xogaron : Noelia, Mónica, Laura, Loly, Cris, Nuria e Martina.
  • Goles: 0 -1 Lidia, 0-2 Lidia, 0-3 Cecilia, 0-4 Laura, 0-5 Vanessa; (descanso), 0-6 Lidia, 0-7 Laura, 0-8 Lidia, 1-8 Myrella e 1-9 Vanessa.

Comezaba mellor o Fisober. Primeiro era Inés quen se plantaba sola ante Fany pero non era que de superala. Pouco despois era Myrella quen dispuña dunha oportunidade pero tampouco era quen de superar a Fany.
As visitantes que saíran un pouco relaxadas apretaron e os cinco minutos conseguiron abrir o marcador. Dende aquí todo foi un pouco máis fácil para as de O Pino pero as da Costa mostraron unha boa actitude durante toda a primeira metade a pesares de que seguiron caendo os goles ata un 0-5 a fin deste periodo. Podendo participar algún minuto tódalas xogadoras.

Na segunda metade as locais aguantaron os primeiros dez minutos sen recibir un gol e conseguiron por medio de Myrella o seu primeiro gol da tempada.
Destacar o debut das dúas porteiras Catti e Martina , ademáis da xogadora de campo Cris.
Como notas negativas a lesión de Iria durante o quecemento que foi sustituida na convocatoria por Noelia e durante o partido de Cris que non puido seguir disputando o partido despois dun golpe.

Liga Provincial

  • Resultado: Concello Ponteceso FSF - A Fervenza (0-4)
  • A.D. VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Cristina, Martina, Silvia, Carmen – Tamén xogaron: Alba, Christine, Ana, Rocío e María.
  • Goles: 1-0 Laura (min.21), 2-0 Celia (min.30), 3-0 Belén (min.45), 4-0 Noelia (min.49).

O partido empezaba con dominio do equipo local, querendo levar o dominio do partido e o Concello de Ponteceso de dedicou a defender no seu campo e saír á contra. E Concello de Ponteceso tería as primeiras oportunidades do partido en dúas rápidas contras que Alba e Silvia non souberon definir ante a meta rival.

Co paso dos minutos, o Comarcal A Fervenza "B" chegaba con máis perigo á portería contraria, aínda que non lograba finalizar as súas oportunidades grazas, en gran parte, á gran defensa realizada ata o momento polas Pontecesanas e polas boas accións de Salomé.
Non foi ata o min. 21 cando as locais lograron adiantarse no marcador grazas a un gol de Laura logo dunha boa xogada combinativa logrando así bater por raso á porteira do Concello de Ponteceso e pór o 1-0 no marcador.
Nos últimos instantes do primeiro tempo ambos os conxuntos tiveron algunha oportunidade máis, pero o bo labor defensivo evitaba un novo gol, así que co 1-0 o encontro íase ao descanso.

O segundo tempo non podía empezar de mellor forma para o Comarcal A Fervenza "B", xa que no minuto 30, Celia lograba marcar o 2-0 grazas a un disparo desde fóra de ára que se coaba pola escuadra da portería, sen que Salomé puidese facer nada para evitalo. Este gol relaxou ao equipo local e fixo que as Pontecesanas adiantasen as súas liñas para reducir distancias no marcador e con iso legaron dúas boas accións, unha de Cris Santos e outra de Carmen que quedando soas ante a porteira local non souberon definir.

Pasaban os minutos e o Concello de Ponteceso intensificaba a súa presión e tomaba as rendas do partido, tendo varias ocasións para empatar o partido agora por medio de Ana e Alba. Froito deste avance de liñas, o equipo local decidiu o partido co terceiro gol nunha boa contra, rematada por Belén.

De aí ata o asubío final, o equipo Pontecesano seguiu intentando reducir as distancias pero todas as súas accións eran desbaratadas, ou por mátaa local ou polo seu defensa. Cando faltaban 20 segundos, as locais marcarían o cuarto e último gol cando xa as visitantes estaban envorcadas en ataque.

Destacar ás tres fichaxes realizados esta tempada, Ana e Rocío (cadetes) e Alba (xuvenil) que se están axustando perfectamente ao xogo do equipo, e que, seguramente, e a pesar da súa mocidade, serán pezas importantes neste equipo.

Vindeira cita

O proximo partido do Concello de Ponteceso será o vindeiro domingo ás 12:00 no Municipal de Ponteceso contra o Viaxes Amarelle "B".

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios