O Fisober xa é líder en solitario tras unha remontada de cine
Partidazo o que se viviu na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo, para deixar líder en solitario da Liga Autonómica ao Fisober despois de remontar un 0-3 en contra ante o delirio do gran número de siareiros, nun desenlace que firmarían os mellores guionistas de cine.
Polo demais, a nova fornada de Fisober, o filial, conseguía o seu primeiro punto da tempada na Liga Provincial, algo que as fortalece un pouco máis nas súas ganas de mellorar e que as trouxo cunha inmensa ledicia para a Costa e aínda pudo ser máis xa que se lles escaparon os tres puntos a tan só tres minutos para o fin.
Ademais, A Salina de Esteiro segue espectacular e vencía 1-6 ás Espartanas, e continúa na 3ª praza; mentres que o Concello de Ponteceso FSF descansaba esta fin de semana.
Liga Autonómica
- Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO “ - MARCÓN (4-3).
- FISOBER: Eva, Patri, Elsa, Ana e Noelia; tamén xogaron: Barca, Nuria, Myrella, Ylenia, Olalla, Alba e Paula.
- Goles: 0-1 Marta, 0-2 Alicia, 0-3 Alicia, (descanso), 1-3 Patri, 2-3 Barca, 3-3 Nuria, 4-3 Barca.
- Resultado: MABEGONDO – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” (2-2).
- FISOBER B: Catti, Myrella, Inés, Iria e María , tamén xogaron : Mónica, Laura, Natalia, Cris, Loly e Martina.
- Goles: 1-0 Encarnación de penalti, 1-1 Inés, 1-2 María, 2-2 Bibiana.
Saíron moi nerviosas as rapazas do Fisober, parecía que lles podía a presión e non eran capaces de enlazar tres pases seguidos. Atoparonse cun Marcón inmenso na presión e no despregue físico que facía sufrir as locais. E aos seis minutos comenzaron a mostrar a superioridade as de Marcón en ocasións, primeiro foi Laura a que probaba a Eva, despois foron a capitana Jennifer quen acariñaba o gol e os oito minutos foi Beatriz a que non podía adiantar as súas.
Cando a primeira metade chegaba o seu ecuador por primeira vez poñían as locais a proba por medio de Nuria a meta visitante Helena inmensa durante toda a tarde. Pouco despois era Barca quen non adiantaba as do Fisober.
Pero o minuto doce foi clave no transcurso do partido, xa que Marta adiantaba as visitantes despois dunha rápida combinación. E nese mesmo minuto case sen tempo para repoñerse do mazazo foi Alicia quen remataba de cabeza un saque de banda para facer o 0 a 2.
Pesaban como unha lousa os goles para as locais e máis cando de novo Alicia batía a Eva e poñía un descorazonador 0 a 3.
Ana tiña a ocasión para reducir diferencias, pero as visitantes seguían o seu e de novo Alicia facía temblar as locais.
E para rematar a primeira metade foi a local Patri a que se topaba coa tremenda Helena na portería visitante.
Pero o tempo de lecer foille maravilloso para as locais e fatal para as visitantes. Parece que o resultado e as dificultades sacaron presión as do Fisober que tocaron arrebato na segunda metade.
Xa aos dous minutos Nuria tiña a primeira deste tempo para as de Fisober. Ahora eran as xogadoras de Fisober quen se sentían comodas na pista.
Máis se cabe cando os cinco minutos Patri facía o 1 a 3 que ademáis enforvorecía o gran número de siareiros que enchían o Pavillón de Vimianzo. Case sen tempo para respirar o Fisober en dous minutos encadeou unha serie de ocasións por medio de novo de Patri, de Barca pouco despois e de Nuria pero Helena era un difícil muro de franquear.
Ata que os oito minutos Barca recibía a pracer para lograr o 2 a 3 e acercar as súas a remontada. Algo que a mesma Barca pudo lograr a nove para o final pero Helena disfrazouse de Casillas para evitalo empate cando todo a Pavillón celebraba xa o gol.
E neste momento apareceu de novo Marcón, espertou do seu mal momento e primeiro gozou dun lanzamento que paraba Paula e o rexeite a mesma Paula atallaba o balón fora da área ca sua conseguinte perigosa falta . Pouco despois de novo as visitantes asustaban as locais.
Para daquela xa os dous equipos vivían ca espada de Damocles que é o doble penalti, froito da intensísima segunda metade que estábamos a vivir.
Fisober lograba o que parecía imposible a cinco para o final cando Nuria facía a igualada despois de recibir de Ana.
Marcón non se rendía e perseguía os tres puntos que tan preto vira, así Laura gozaba dunha grande oportunidade para voltar a desfacer a igualada.
Pero o ruleta xiraba a favor do Fisober desta vez, Barca tiña un doble penalti o seu favor que paraba de novo Helena pero o rexeite volvía os seus pes e despois de un rebumbio conseguía o gol que culminaba a remontada e facía tolear a compañeiras e siareiros.
Un partido tan grande tiña que dar turno de réplica as de Marcón e deulle dúas oportunidades para voltar a igualar o borde do último minuto, primeiro por medio de Alicia e despois cun doble penalti que paraba Paula.
Dende aquí ata o final as locais tentando que o tempo se rematara pero aínda así Ana tivo a última ocasión para mellorar o resultado.
Tres puntos que se quedaron na casa e con eles o liderato en solitario para as do Fisober que dan outro pequeno paso na súa historia.
Liga Provincial
Chegaba o Fisober B aínda sen puntuar o Pavillón de San Marcos para enfrontarse o equipo local o Mabegondo. Comenzaba o partido e a iniciativa era por parte das veteranas xogadoras do Mabegondo que tentaban presionar a saída de balón do filial sempre ben freadas pola porteira visitante nesta primeira metade Catti.
Pero as visitantes co paso dos minutos cada vez sentíanse mellor sobre a pista , gracias o apoio da habitual do primeiro equipo Myrella que daba tranquilidade e desatascaba as súas compañeiras.
As do filial respostaron por medio de María e de Inés con sendos disparos sen demasiado perigo para Ainara.
Pero cando mellor estaban a xogar as da Costa o árbitro pitou un discutido penalti según as visitantes por mans de Laura que se encargou de anotar Encarnación para poñer o 1 a 0 no electrónico a once minutos para o fin desta primeira metade.
As visitantes a pesar desto non baixaron os brazos como si lles tiña pasado noutros partidos, pudo ser que a motivación que traian despois de ver a remontada do equipo A axudara nesto, e seguiron loitando ata o fin da primeira metade a cal chegaron co 1 a 0.
Despois do tempo de lecer parece que a charla dos seus adestradores as do filial xurdiu efecto xa que saíron máis motivadas se cabe e os dous minutos Myrella deixaba ben claras as intencións visitantes para está segunda metade.
Pouco despois foi María a que probou sorte. E a mellora traduciuse en gol cando os 13 minutos Myrella se desfacía de duas xogadoras rivais prantabase no área e cedía para que no segundo pau Inés establecera a igualada no electrónico.
E tan só dous minutos despois de novo Myrella vía o desmarque de Inés que se introducía no área e cedía para a chegada de María que dun forte zapatazo facía o 1 a 2 e consumaba a remontada visitante.
Neste momento foi cando o equipo local tirou de veteranía e propuxo un partido moito máis físico e de contacto ante as xovenes xogadoras do Fisober.
Aínda así non deixaron de chegar as ocasións do filial e os 18 minutos era Natalia a que lanzaba forte por encima do longueiro e pouco despois foi Iria quen lanzaba desviado.
Pero a tres para o fin de novo unha protestada man polas visitantes daballe unha falta na frontal as de Mabegondo. Do lanzamento da mesma fixose cargo Bibiana quen batío a Martina para lograr a igualada.
O Fisober seguío tentando ata o final pero unha perda de balón a quince segundos do fin, provocou un rebumbio no área que finalmente atrapou a porteira visitante nesta segunda metade Martina con certas dificultades, pero que fixo que conseguiran o seu primeiro punto.
Ademáis do primeiro punto da tempada, destacar que por fin pudo debutar Natalia co equipo e que Inés se estrenou como goleadora en Provincial.
Máis información
Crónicas da campaña 2011-2012
- O Fisober segue facendo historia na Liga Autonómica.
- O Fisober non deixa o mando da Liga Autonómica.
- O Fisober no máis alto da Liga Autonómica.
- Un gol de Barca e a gran actuación de Eva na portería bastaron para superar ao Sada.
- Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa.
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
- Un novo reto para o Fisober.
- O Fisober busca novas xogadoras para ampliar a familia.
- Cee prepara os deportes de inverno e a Liga de Fútbol Sala.
Máis novas do Fisober
- O Fisober pecha a súa primeira tempada na Liga Autonómica nun meritorio 6º posto.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.