Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial

O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial

Xa están os equipos do Fisober en plena posta a punto. Se o Fisober B disputaba un amigable e un torneo con derbi costeiro ante o novo Vila de Cee, este sábado en Vimianzo disputábase o último partido para o Fisober desta edición da Copa Xunta e aínda que ambos equipos xa estaban eliminados as da Costa acadaron a súa primeira vitoria nesta competición ante o actual campión da categoría Autonómica.
Pero todo quedou deslucido pola lesión de xeonllo de Elsa que está a espera de diagnóstico definitivo.

Copa Xunta

As-mozas-do-Fisober-no-amigable-ante-o-Funeraria-Apostol
  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - FUNERARIA APÓSTOL (4-2).
  • FISOBER: Eva, Patri, Inés, Ana e Raquel; tamén xogaron: Elsa, Olalla, Noelia, Barca, Myrella e Anabel.
  • Goles: 1-0: Noelia, 2-0: Noelia, (descanso), 2-1: Irene, 2-2: Irene, 3-2: Ana, 4-2: Patri.

O partido en si foi típico de pretempada con ocasións para ambos equipos e con alternativas como gusta os siareiros e non tanto os adestradores. O Fisober tentaba facer o seu xogo habitual potenciando as probas que se fan nos adestramentos. Con ocasións e levando o peso do partido nestes primeiros minutos. As visitantes baseaban o seu xogo en ataque en Irene e en defensa en Montse.

Ós dez minutos foi Noelia quen nunha contra adiantaba as locais. Solo un minuto despois era de novo Noelia a que aproveitaba outra contra para poñer o dous a cero. Con este resultado pareceu relaxarse un pouco o equipo local e cedeu protagonismo o Fune. Que incluso dispuxo dun libre indirecto que non aproveitou.
Os últimos momentos da primeira metade saíron con ataque de cinco as visitantes pero non lograron reducir distancias.

Na segunda metade un par de erros locais o igual ca no amigable da semana pasada fronte o Marcón, permitiron igualar o partido as visitantes. Irene no minuto 23 e no 24 facía dous goles e botaba por terra o traballo local da primeira metade. O partido colleu máis ritmo a partires deste momento. As ocasións sucederonse aínda que principalmente a favor do Fisober. Ata que no minuto 27 unha combinación permitía a capitana local Ana poñer as súas en vantaxe co 3 a 2.
As visitantes tomaban cada vez máis riscos na busca da igualada o que permitía o Fisober ter ocasións a contra. Así Noelía estivo a piques de facer a tripla pero o seu lanzamento foise o pau.

Cando faltaban cinco para o fin as locais dispuxeron dun libre indirecto o seu favor que non aproveitaron e o pero e que no rexeite desa xogada se produxo a lesión de xeonllo de Elsa.
Dende ese momento o partido xa tomou outra perspectiva, con ocasións finais para os dous equipos.
As visitantes decidíronse polo ataque de cinco para os últimos dous minutos o que aproveitou Patri para certificar o partido co 4 a 2 nos derradeiros segundos.

Amigables do Filial

Esta foi unha fin de semana completa para o Fisober B , que xogou o sábado un amigable fronte o recentemente creado conxunto de A Baña e o domingo desplazouse a Ferrolterra para xogar un torneo organizado polo Comarcal A Fervenza en San Sadurniño.

Un Fisober B que seguiu a misturar como no resto da pretempada xogadoras do filial e xogadoraas do equipo infantil que competirá na Liga Galega Infantil Femenina e agora tamén na Liga da Costa de fútbol sala base enfrontandose a equipos masculinos nesta competición. Asimesmo a FGFS acaba de informar que o Troula de Betanzos presenta equipo na Provincial femenina co cal o equipo que descansaba enfrontarase a elas sendo isa a única variación no calendario.

Fisober B - A Baña (7-1)

  • Fisober B: Anabel, Paula Fandiño, Alejandra, Andrea e Laura; tamén xogaron: Marina, María Lijó, Tamara, Noe, Natalia e a porteira Marta.
  • Goles: 1-0 Paula Fandiño, 2-0 Noe, 3-0 Noe, 4-0 Noe (descanso) 5-1 María Lijó, 6-1 Paula Fandiño, 7-1 Natalia.

Para o domingo quedaba o viaxe do filial o Torneo de San Sadurniño. Cun formato de todos contra todos e partidos de 20 minutos cada periodo. O torneo arrancaba co partido entre o A Fervenza B e o Villa de Cee, que se levaron as de Ferrolterra cun 4 a 0.

O Fisober B xogaba a continuación fronte o Adarve lugués. As da Costa desprazaron a este torneo a : Marta e Anabel como porteiras e a Paula Fandiño, Laura, Inés, Nuriña, Natalia, María Lijó, Noe e Andrea como xogadoras de campo.

No partido fronte o Adarve as luguesas gañaron cun contundente 7 a 2. Os goles costeiros foron de Laura para abrir o partido e de Inés, xa co 6-1 no marcador.

Despois deste partido chegou o parón para comer. A tarde arrancaba co partido entre A Fervenza B e o Fisober B que se levaron as da Costa cun 3 a 4. Os goles foron obra de : 0-1 María Lijó minuto 3, 0-2 Inés minuto 8, 1-2 minuto 10, 2-2 minuto 15, 3-2 minuto 16. Con este resultado chegábase o tempo de lecer. 3-3 Noe minuto 30 , 3-4 Paula Fandiño minuto 32.

A continuación disputouse o partido entre o Adarve e o Villa de Cee que acabou cun 5 a 0 a favor das lucenses. E para darlle un pouco de descanso os equipos xogouse un encontro de exhibición entre equipos da canteira de A Fervenza.

No partido entre A Fervenza B e o Adarve as lucenses aseguraron o título vencendo por 4 a 1.

Derbi da Costa

No encontro que pechaba o Torneo había un interesante derbi da Costa, que se levou o filial do Fisober por un axutado 2 a 1. O partido chegou con igualada a cero o tempo de lecer. A volta dos vestiarios no minuto 24 Ana Trinidad adiantou as de Cee, pero Inés no minuto 30 e Noe no 38 deronlle a volta o partido e aseguraron a segunda posición do Fisober B no Torneo.

Finalmente a clasificación foi: 1º Adarve, 2º Fisober B, 3º A Fervenza B, 4º Villa de Cee.

As-pequenas-do-Fisober-B-no-torneo-de-A-Fervenza

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios