O Fútbol Base volve a Pedra Queimada
20:09 29/11/15
Sonada foi a espantada xeral do fútbol base malpicán este verán. Un equipo con tanta solera como o SCD Malpica deixaba sen equipos de fútbol base a todo un concello como o de Malpica, que ten 4 equipos sénior pero nin só equipo de cadetes ou xuvenís.
O Departamento de Deportes do Concello malpicán está intentando recuperar o tempo perdido e fai un chamamento aos rapaces nados entre 2002 e 2003 para a nova Escola de Fútbol Infantil que artellan o club e o Concello.
Xa está aberto o prazo ata o 31 de decembro, así que non perdan a ocasións.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).