Mércores. 15.05.2024
El tiempo

O Fútbol da Costa representado na élite galega dende Dumbría

O Fútbol da Costa representado na élite galega dende Dumbría
Infantiles Dumbría nun amigable en Outes 16-17 Infantís do Dumbriía nun amigable en Outes esta pretempada

Despois do acontecido o ano pasado, o C.F. Dumbría terá 3 equipos en categorías autonómicas. Os Xuvenís, Cadetes e Infantís dumbrieses serán os únicos equipos costeiros que compitan nas Ligas Galegas, tralo descenso dos cadetes da División de Honra e o ascenso dos infantís ao máximo nivel da súa categoría.

Quen mellor que José Manuel Vázquez, Huelvis, para contarnos como afronta o club a tempada:

O Fútbol da Costa representado na élite galega

O Dumbría CF afronta esta temporada histórica con 3 equipos nas Ligas Galegas e a ilusión da consolidación. Ábrese o lume da temporada 2016-17 para o fútbol base do Dumbría cun gran reto. Por primeira vez na historia, un equipo da Costa da Morte afronta as ligas galegas infantil, cadete e xuvenil con representación; no escaparate das mellores competicións autonómicas, enfrentándose a moitos dos máis grandes equipos e clubes de Galicia, e coa oportunidade para os xóvenes futbolistas “made in Costa da Morte” de medirse cos mellores. O reto, desde logo, é grande. E complicado, por suposto. Pero ilusionante tamén. Estas comarcas son zonas de pouca poboación xove, onde os mimbres en forma de deportistas, pese a ir medrando, están lonxe en canto a número do que poden ser as grandes urbes, e os cinturóns de poboación ó abeiro das grandes cidades de Galicia. Pero nunha cousa seguro que non os deben de superar. En ilusión, e verse capaces de competir, como nestas últimas tempadas, e en facer do Conco unha especia de aldea gala onde o resto dos “romanos conquistadores” non se leven puntos, nin alegrías. Bo trato, si.

Categoría Xuvenil

Logo dunha grande temporada pasada, onde o equipo dumbrinés conviviu coa posibilidade de ascenso ata préto do final da competición, o reto nesta nova temporada, ademáis de consolidaderse e non pasar agobios, debe de ser un salto formativo en canto á preparación para un futuro inmediato, onde estes xuvenís deben de afrontar un relevo xeracional no primeiro equipo. O feito de compartir moitas sesións e planificacións de adestramento debe de facer que o salto á categoría senior non sexa traumático. A calidade do grupo está máis que garantida. Membros da xeración dourada do clube como Pablo Paz, Mauro, Eloy, Jorge, José Miguel, Isma ou Borja deben de dar empaque á xeración que sube de cadetes, con calidade, ilusión e unha gran carga de compromiso e traballo. Xente que viste a camisola branca desde casi o berce coma Josiño, Isma, Mario, Fabio, e xente que foi chegando para quedarse e sumar como Ayoze, Martín, Juan Álvarez, Carlos ( ó que esperemos ver de novo competindo), dan un plus de velocidade e técnica necesario para a categoría. A incorporación de Xabi Castro, que desborda calidade en cada acción que executa, debe de poñer a guinda a un pastel, onde un par de reforzos máis nas vindeiras datas, darían unha profundidade de plantilla para afrontar unha liga longa e reñida como será esta galega. Desde o primeiro día.

Categoría Cadete

Nova temporada. Nova ilusión. Moito traballo e impulso desde atrás. A temporada 15-16, marcou a perda da División de Honor, pero non a perda do hábito do esforzo e do traballo. Un paso atrás quizais, pero para dar dous para diante. Os xogadores que se curtiron na dificultade máxima do pasado, aportarán esa dosis de experiencia e compromiso do que fixeron gala. O volver a ver a pleno rendimiento ó gran Adrián Canosa, recuperado dunha complicada lesión pode ser unha das mellores noticias da temporada. Con el, xente como Juan Berdullas, Jonathan, Moisés, Fran Moreira amosaron o compromiso pola continuidade no proxecto, e van a ser reforzados pola “ xeración triplete”. Os infantís dumbrineses que a pasada temporada ganaron todo canto había en xogo, os Xan, Sendón, Berto, Breo, Mario ou Samu, serán pezas indispensables dun proxecto, tamén reforzados coas incorporacións dos xalleiros Nando Pensado e Samu Castro, do camariñán Anxo, e dalgunha peciña máis que se irá sumando ó engranaxe do equipo, para pelexar pola consolidación sin pechar portas a ningún obxectivo. As incorporacións ainda quedan abertas para aumentar a competitividade da plantilla dada a dureza da liga. Ó frente deste barco estará Julio Vila, grandisimo estudioso do fútbol, que tras bos traballos no fútbol base de coristanco e Baio afrontra con ilusión o reto da Liga Galega cadete. A súa veira, aportando a experiencia da pasada temporada estará Diego Cespón.

Categoría Infantil

A Liga Galega Infantil volve ó Conco, esperemos que para quedarse. Pese á grandísima calidade da categoría, á diferencia das de cadetes e xuvenís, sin categoría de honor. A máxima. Os mellores. Difícil, por suposto. Imposible, NUNCA. Nova temporada e novos retos para os infantís do Dumbría. Os campeóns do ano pasado, algúns en cadetes xa, pero outros dando empaque o equipo deste ano. Os Álex Díaz, Lucas Toba, Lucas Carballo, Yerai, Ángel e Nando, con protagonismo xa sendo de primeiro ano, e outros coma Carlos ou Periscal que sumaron minutos; deben de formar o núcleo forte da “aldea gala” de Axterix para combatir exércitos moi potentes. A estes, sumando coa xente que sube de alevíns e que deben de ir curtíndose na categoría, hai que engadir a maxia e calidade que aportan a chegada de Brais, Iago Muiño ou Brian. Por suposto,tratándose da máxima exisencia infantil, algunha incorporación sempre queda aberta A pócima para o reto non debe de ser outra que a ilusión, o traballo e a fe nas posibilidades, para superarse. Para seguir formándose e crecendo. Emilio Corzón e Carlos Antelo, tratarán de levar o barco ó mellor dos portos, obxectivo que pasa pola competición en cada partido, e ó final de temporada, contar puntos e ver a varios equipos con menos. Ese, sin olvidarse da progresión individual e formativa dos xogadores. Obxectivo inexcusable en tódalas categorías. Esa é a idea que se transmite desde a directiva, encabezada este ano, tras unha “transición doce” por César Ferrrío, persoa que vive o día a día do deporte dumbrinés. Os retos do clube pasan pola consolidación, pola evolución en métodos de traballo e formativos, con traballos individualizados, tanto no apartado físico como no técnico- táctico, e incluso psicolóxico. Unhas instalacións modélicas, con persoal titulado en tódalas categorías, e cunha posición xeográfica estratéxica, deben de ser foco de atracción para o xóvenes futbolistas costeiros. E o traballo de base que consolide futbolistas, por encima de resultados inmediatos; necesarios por suposto, pero non como único valor medible. Comeza o camiño para “os galos de Dumbría”. Que se cuiden os romanos...

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios