O fútbol e o volei invaden o areal do Ézaro na Festa da Praia


Xa temos cartel das competicións deportivas da XXVI Festa da Praia-Ezaro 2011. Os días 6 e 7 de agosto a praia servirá de pista de probas para os campionatos de volei praia, fútbol praia e ata a regata de chalanas. Tralo completo éxito do ano pasado, o concello agarda unha repercusión semellante.
A proba máis singular é o XXI Campionato de Volei praia-Festa da Praia, proba puntuable para o campionato Galego e para o circuito Comarca do Barbanza.
A mocidade costeira participará máis nas probas de fútbol praia, como son o XXIV Maratón de Fútbol Praia, ou o VII Campionato de FP Sub-16. E de seguro, que a proba máis divertida é a Regata de Chalanas que se disputará o domingo 7 de agosto.
Máis información e inscricións
Poden anotarse para as competicións no teléfono 981 71 26 05, ou pasar pola Casa da Cultura do Ézaro, de luns a venres de 10:00h a 14:00h.
Os sorteos faranse o mércores 3 de agosto, ás 21:00h na mesma Casa da Cultura do Ézaro. O campionato de Volei praia segue regras impartidas pola Federación, polo que poden anotarse chamando ao 981 712 605 ou en www.fgvb.es, ata o 1 de agosto.
Novas relacionadas
- O Ézaro vibrou co volei praia e disfrutou co éxito dos xogadores do Manuela Rial.
- Laxe prepara a praia un Campionato de volei o vindeiro 16 de xullo.
- Nace o Clube Ciclista Dumbría.
- Volei no Ézaro 2010: A multifesta da Praia do Ézaro aguantou o nordés.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Dumbría da man de Raúl González.