sábado. 09.11.2024
El tiempo

O Gran Maestro esteirán David Lariño, vencedor do I torneo do Centro Comercial Finis Terrae en Cee

O Gran Maestro esteirán David Lariño, vencedor do I torneo do Centro Comercial Finis Terrae en Cee
Campionato de Xadres no Centro Comercial Finisterrae Gran ambiente no Campionato de Xadrez no Centro Comercial Finisterrae

Este pasado sábado día 30 de xullo disputouse o I Torneo de xadrez activo Centro Comercial Finis Terrae en Cee. Era a 4ª proba do I Circuíto Intercomarcal de xadrez activo Deputación da Coruña, tralas disputadas en O Ézaro, Mazaricos e Arteixo.

Desta volta, foron 57 xogadores os que participaron na tarde do pasado sábado na planta alta do centro comercial, cunha boa acolida de público pero sen demasiado ruído que impedise a boa concentración. Un local ideal para proporcionar unha gran visibilidade ao xadrez, e cunha gran comodidade polos servizos cos que contan, locais de lecer preto, etc.

Entre os participantes había 2 GM, 1 MI e 2 MF que daban unha gran categoría ao torneo, moitas caras xa habituais do circuíto e outras novas que viñeron de lugares como Alemaña, Málaga, Mérida, Ponferrada, Lugo, Ferrol, Sanxenxo, Santiago, Noia, A Coruña, Arteixo, Malpica, Zas, Esteiro, Carballo, Mazaricos, Muxía, Fisterra, Corcubión e Cee.

GM Lariño co MI Ernesto Fernández segundo O GM esteirán David Lariño co MI Ernesto Fernández, que rematou segundo

No plano deportivo o primeiro líder foi o MF Antonio Pazos con 5 de 5, tras gañar ao GM Teske nº1 do ranking e empatar Lariño e Fernández, na 6ª rolda Pazos perdía ante o O MI Ernesto Fernández, o xogador malagueño máis coñecido polos seus labores de adestrador e os seus excelentes vídeos da serie a Finalopedia de chess24. Pola súa banda o GM David Lariño gañaba ao GM Teske deixándoo sen opcións de vitoria, á última rolda chegaban con 5,5 puntos Lariño e Fernández que venceron a Eugenio Martínez e Daniel González na última rolda alcanzando ambos os 6,5 puntos. O desempate quixo que o GM de Esteiro, David Lariño resultase vencedor do torneo, quedando o MI Ernesto Fernández de Málaga 2º.

O MF Antonio Pazos de Ferrol foi 3º con 6 puntos, do grupo de xogadores con 5 puntos foron 4º o GM Alemán Henrik Teske, 5º o MF José Sande do Temple de Ponferrada, 6º Daniel González do Arteixo, 7º Gumersindo Rocha do Capablanca Ferrolán, 8º Eugenio Martínez de Sanxenxo, 9º Esteban Fidalgo do Clubexa coruñés, 10º Javier Fariña de Malpica que pechaban os premiados da xeral. O mellor local foi Xurxo Caamaño (49º con 2 puntos), mellor sub-16 Alejandro Rama de Arteixo (23 con 4 puntos) e ademais foi o gañador no sorteo do cheque regalo de Supermercados Gadis por valor de 20€, mellor sub-14 David Buitrón de Santiago (24º con 3,5 puntos), mellor sub-12 Heriberto Rubial de Ponferrada (31º con 3 puntos), mellor sub-10 Iago Fernández de Noia (32º con 3,5 puntos), mellor sub-8 Dario Lema de Mazaricos (48º con 2 puntos).

David Larino con Jaime Casais responsable do Centro Comercial de Cee.jpg David Lariño coa Concelleira de Cee e o xerente do Centro Comercial Finisterrae Jaime Casais

A clausura estivo presidida por Jaime Casais xerente do centro comercial Finis Terrae e patrocinador do torneo, e a concelleira de deportes do Concello de Cee Mª del Carmen Díaz que foron os encargados de entregar os premios, tamén o centro comercial facilitou augas aos asistentes ao torneo, sen dúbida foi unha boa experiencia que esperamos poder repetir en anos próximos, desde a organización queremos desexar unha pronta recuperación á nai de José A. Cruz Cambón que sufriu unha caída e tanto el coma o seu compañeiro, Francisco Abella, tiveron que saír correndo e abandonar o torneo na rolda 3.

Clasificación do Circuito

Tras 4 torneos na categoría absoluta é líder Gumersindo Rocha do Capablanca Ferrolán con 38 puntos en 4 torneos, 2º é Walter López do Ferrolán con 33 puntos en 2 torneos e 3º o GM David Lariño de Esteiro tamén con 33 puntos en 2 torneos. En categoría sub-2000 Gumersindo Rocha tamén é líder con 72 puntos en 4 torneos, 2º Eugenio Martínez de Sanxenxo con 58 puntos en 4 torneos, 3º Manuel Arias do Clubexa coruñés con 43 puntos en 4 torneos.En categoría sub-1600 é líder o coruñés Angel de Blas con 45 puntos en 3 torneos, 2º Javier Fariña de Malpica con 42 puntos en 3 torneos, 3º Heriberto Rubial de Ponferrada con 37 puntos en 3 torneos.

En categoría veteranos é líder Manuel Arias con 74 puntos en 4 torneos, en categoría feminina é líder Lucía Cabanillas do Capablanca con 40 puntos, en sub-18 é líder Diego Bugliot do Clubexa con 66 puntos en 4 torneos, en sub-16 é líder Daniel González de Arteixo con 60 puntos en 3 torneos, en sub-14 é líder Heriberto Rubial de Ponferrada con 48 puntos en 3 torneos, en sub-12 1º Heriberto Rubial con 54 puntos en 3 torneos, en sub-10 é líder Alejandro Rama de Arteixo con 62 puntos en 4 torneos, en sub-8 é líder Heriberto Rubial con 60 puntos en 3 torneos.

 

Calendario de torneos

Circuito Xadrez Deputacion Coruna Este é o Calendario que queda: Agosto: – Sábado día 6 torneo Val do Dubra. – Luns día 15 de agosto Sada. – Sábado día 20 de agosto A Laracha. Setembro: – Sábado día 3 Carnota. – Domingo día 4 Muxía. – Sábado día 10 Cabana de Bergantiños. – Sábado día 17 Carballo. – Sábado día 24 Cerceda.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios