O Happy Day e o Sisnagor lideran as Ligas de FS de Corme-Ponteceso
Xa teñen o seu espazo en www.futboldacosta.com as Ligas de Fútbol Sala de Corme-Ponteceso, que coida Pedro Álvarez. Unha das ligas máis numerosas da zona, con 18 equipos da comarca de Bergantiños separados en 2 grupos de 9.
Van 3 xornadas (xa están actualizados os horarios para hoxe sábado), e temos 2 equipos imbatidos. No Grupo A, o Happy Day é o líder con 9 puntos, tras vencer con solvencia ao Bar Secundino, Bar Cruceiro e ASFECO. O TPL ELMI segue de preto con 7 puntos.
Mentres, no Grupo B é o Sisganor o equipo invicto, tras endosar dous 7-0 ao Bar Madison e Carp. Cerdeiro, e superar pola mínima ao Beres.Apligasa na pasada xornada. O Cervexería Agora/Capelán mantense pegado a sóa 2 puntos.
Estaremos atentos, e cada fin de semana actualizaremos os resultados, como o das Ligas de Mazaricos, Malpica, Cee e Carballo.
TPL Elmi do ano pasado O Bar Madison na liga do ano pasado O Bar Faro Roncudo do ano pasadoAs táboas en www.futboldacosta.com
- Ligas de FS de Ponteceso-Corme - Grupo A.
- Ligas de FS de Ponteceso-Corme - Grupo B.
- Liga de FS de Mazaricos.
- Liga de FS de Malpica.
- Liga de FS de Cee – 1ª División.
- Liga de FS de Cee – 2ª División.
- Liga de FS Carballo – Grupo Azul.
- Liga de FS Carballo – Grupo Vermello.
Novas relacionadas
- Os sábados son días de Fútbol Sala en Mazaricos e Malpica.
- Os favoritos toman o mando nas Ligas de FS de Cee.
- As Ligas de FS de Carballo, xa en QPC.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).